Contrato-Programa, CP-INCLÚE, CP-INNOVA

DÍA DA FAMILIA

Este ano, o alumnado de 3 anos quixemos celebrar o día da familia, 15 de maio, deste xeito. Quero agradecer ás familias a súa aportación de fotos para que os seus fillos e fillas poidesen levar a cabo esta actividade tan emotiva para eles. De novo, moitas gracias por colaborar sempre comigo, en todo o que se vos propón.

OH DEAR! COMPARTINDO LECTURAS COAS FAMILIAS

O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou na clase coa mestra de inglés o libro "Oh Dear!" de Rod Campbell. Con el aprenderon a pedir cousas, os nomes dos animais de granxa máis habituais na nosa zona e reflexionaron sobre que animais poñen ovos ou non así como sobre o proceso de coidado das crías por parte das aves. Tamén traballaron a pronuncia e a entoación e representaron a historia de acordo coa súa idade. Pero o que é máis importante, fixérono a partir dun conto na lingua orixinal que os achegou á ledicia de ler en calquera idioma, de achegarse ao mundo a través da literatura.

Unha vez que aprenderon a contar a historia, levaron o libro por turnos para a casa e así compartírono coas súas familias. Na portada pegouse un código QR para que poideran escoitalo tamén tal e como o facían na clase.

No arquivo adxunto pódese escoitar o ben que o fixeron ou escaneando o QR.

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O día 2 de abril, coincidindo co comezo das vacacións de Semana Santa, celebrouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. A profesora de Xeografía e Historia dedicou unha das súas clases de cada curso nesta primeira quincena de abril, para facer chegar ao alumnado da ESO as características que poden ter as diferentes personas que se atopan dentro do amplio espectro autista. Para conseguilo empregou diferentes vídeos nos que as propias persoas con TEA, verbais ou non verbais, explican ben directamente ou por medios informáticos, en que consiste estar no espectro. Asimismo explicou os casos de autismo existentes na súa propia familia e diferentes aspectos a ter en conta para unha convivencia sen exclusións.

SHOPPING IN CLASS

Na clase de cuarto de primaria fixemos un pequeno mercado no que practicamos como mercar e vender comida nas tendas. Todos os alumnos poideron representar os papeis de vendedores e de compradores. Utilizamos produtos reais, unha lista de prezos, recibos para anotar a conta, listas de compra e pagamos con tarxeta de crédito. Non esquecemos levar a nosa propia bolsa!

 

Distribuir contenido