Responder ó comentario

MALETAS CREATIVAS (CURSO ESCOLAR 2022-2023)

 MALETAS CREATIVAS

 

Dende a biblioteca escolar seguimos co servizo de préstamo das “maletas creativas”.

 

Con este recurso pretendemos mellorar a competencia lectora do alumno/a, e tamén queremos que compartades momentos inesquecibles de lectura e xogo cos vosos fillos/as.

 

Cada maleta está composta por dous contos infantís (un en galego e outro en castelán), un libro pedagóxico para adultos, un libro musical, un libro en inglés, dous xogos educativos e unha tablet.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DAS MALETAS CREATIVAS

Destinatarios:todo o alumnado do CRA Raiña Aragonta.

Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecaaragonta@gmail.com indicando o nome do alumno/a, a aula no que están matriculados e día que prefiren recoller as maletas (martes ou xoves).

Confirmación: unha vez realizada a solicitude, a familia recibirá un correo electrónico informándolle o día exacto que comeza o préstamo.

Duración: o préstamo será dunha semana.

Recollida e devolución: a familia será a encargada de recoller e entregar a maleta na biblioteca do CRA Raiña Aragonta.

Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 17:00 a 17:30.

Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
8 + 9 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top