Responder ó comentario
MALETAS CREATIVAS - CURSO 2023/2024
Posted Septembro 22nd, 2023 by profe17MALETAS CREATIVAS
Estimadas familias,
O martes 31 de outubro de 2023 comezará o préstamo das MALETAS CREATIVAS. Tedes a información ó final da publicación para reservalas.
Con este recurso pretendemos mellorar a competencia lectora do alumno/a, e tamén queremos que compartades momentos inesquecibles de lectura e xogo cos vosos fillos/as.
Cada maleta está composta por dous contos infantís (un en galego e outro en castelán), un libro pedagóxico para adultos, un libro musical, un libro en inglés, dous xogos educativos e unha tablet.
MALETA CREATIVA 1
MALETA CREATIVA 2
MALETA CREATIVA 3
MALETA CREATIVA 4
INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DAS MALETAS CREATIVAS
Destinatarios:todo o alumnado do CRA Raiña Aragonta.
Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecaaragonta@gmail.com indicando o nome do alumno/a, a aula no que están matriculados e día que prefiren recoller as maletas (martes ou xoves).
Confirmación: unha vez realizada a solicitude, a familia recibirá un correo electrónico informándolle o día exacto que comeza o préstamo.
Duración: o préstamo será dunha semana.
Recollida e devolución: a familia será a encargada de recoller e entregar a maleta na biblioteca do CRA Raiña Aragonta.
Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 17:00 a 17:30. Comezará o 31 de outubro de 2023.
Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.
- %count lecturas