O día 23 de Abril conmemórase o Día do Libro, para tal ocasión a ANPA As Landras organizou un roteiro literario baseado nos debuxos do Xabarín CRA. Foron dúas xornadas que o alumnado disfrutou moitísimo, atopando no camiño diferentes personaxes de debuxos e axudándoos nas probas que nos tiñan preparadas.
Grazas as nais e pais da ANPA que fixeron posible esta actividade tan divertida.
Neste vídeo tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos
O Equipo da Biblioteca Escolar
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Roteiro 2024.mp4 | 35.62 MB |