Alternativa

FOTOS DAS ACTIVIDADES

Aquí están as fotiños desta semana. Moitas grazas por enviarmas. Estádeo facendo moi ben Sorriso

 

 

 

FAMILIA

Bo día familias! Que tal estades?

A continuación déixovos a proposta para hoxe onde traballaremos un dos valores máis importantes: a familia.

Moi boa fin de semana! Desfrutade e xogade moito J

TRABALLO EN EQUIPO

Bo día familias! Que tal pasastes a fin de semana?

Esta semana continuaremos traballando sobre a educación en valores.

A proposta de hoxe será sobre a cooperación e a importancia de saber traballar en equipo axudándonos uns ós outros para lograr un obxectivo en común.

Que teñades moi bo inicio de semana J

AS VOSAS ACTIVIDADES

Outro venres máis déixovos as fotiños que me enviastes ó longo da semana.

Anímovos a seguilo facendo. Estádelo facendo requeteben. Así da gustoSorriso

 

 

 

 

 

 

Sodes xeniais. A continuar así!

AMIZADE

Ola familias e nenos/as!

Aquí estamos un día máis para presentarvos unha pequena proposta para traballar un dos valores máis importantes: a AMIZADE.

Desfrutade moito desta fin de semana. Un bico moi grande Guiño

DIVERSIDADE E RESPECTO

Bo días familias e peques! Que tal estades?

Déixovos a proposta para este mércores. Desexo que vos guste.

Sigo recibindo fotos das vosas actividades que subirei todas xuntas este venres así que anímovos a seguilo facendo J

Un abrazo enorme!!!

AUTORRETRATO

Bo día familias e nenos/as! Que tal pasastes a fin de semana? Co bo tempo que fixo seguro que moi ben.

Hoxe, aínda que non vamos a traballar sobre unha emoción en concreto, a actividade que vos vou propoñer está moi relacionada coa intelixencia emocional, concretamente forma parte da educación en valores que é outra das temáticas que tratamos na especialidade de alternativa.

En seguida descubriredes de que se trata.

Un bico virtual e a comezar a semana con enerxía e un gran sorriso J

FOTIÑOS DAS VOSAS ACTIVIDADES

Aquí déixovos as fotos que me enviastes ó longo desta semana.

Encántame recibilas e ver o ben que o facedes.

Seguide así!Guiño

 

 

 

 

 

XOGOS DAS EMOCIÓNS

 

Ola familias e nenos/as! Que tal vos atopades?

A proposta de hoxe vai consistir en realizar dous xogos sobre as emocións.

Desexo que vos gusten e que o pasedes moi ben xogando todos/as xuntos!

Un abrazo xigante e moi boa fin de semana. Ata o luns Sorriso

A CALMA

Ola familias e nenos/as! Aquí estamos un día máis cunha proposta de actividades para seguir aprendendo sobre as nosas emocións e como xestionalas.

Estes días estou recibindo fotiños das vosas actividades que subirei todas xuntas o venres. Encántame recibilas así que anímovos a seguilo facendo Jlauraprofealternativa@gmail.com

Feliz mércores e unha gran aperta virtua da profe Laural!

Distribuir contido

Back to top