Alternativa

O ENFADO

Bo día familias e nenos/as! Que tal a fin de semana? Espero que desfrutarades moito e que sigades todos/as ben.

A emoción que traballaremos hoxe será o ENFADO. Vós sodes dos que vos enfadades moito ou pouco? Espero que vos gusten as actividades que vos vou propoñer hoxe.

Encántame recibir fotos dos actividades que facedes na casa así que anímovos a seguilo facendo.

Unha gran aperta!

FOTOS DAS VOSAS ACTIVIDADES

 

 

SABELA (4 ANOS B) MÁNDANOS O SEU DEBUXO SOBRE A ALEGRÍA 

 

 

MAR (5ANOS C) BOTA MOITO DE MENOS ÓS SEUS AMIGOS/AS E Ó COLE 

ENCÁNTAME RECIBIR FOTOS DOS VOSOS TRABALLIÑOSSorriso

O MEDO

Ola familias e rapaces/as! Que tal estades?

As actividades que vos propoño hoxe son sobre unha emoción que aínda que  non nos gusta moito sentila é unha emoción necesaria como as outras. Imaxinades que emoción pode ser? En seguida o descubriredes.

Un bico moi grande e boa fin de semana. Desfrutade moito J

A TRISTEZA

Bos días familias! Aquí estamos de volta despois desta longa ponte. Espero que sigades tod@s ben e que esteades a desfrutar das pequenas saídas que podedes facer cada día.

Hoxe vamos a traballar sobre unha emoción que nas últimas semanas puidémola sentir un pouquiño máis do habitual: a TRISTEZA.

Unha aperta e un bico moi grande!

CORREO ELECTRÓNICO ALTERNATIVA

Bo día familias! Que tal estades?

Facilítovos o seguinte correo electrónico de alternativa por se queredes envíarme as fotos das vosas actividades Guiño:

  • lauraprofealternativa@gmail.com 

Se xa enviáchedes algunhas fotos ós vosos titores/as non pasa nada. A partir de agora enviademelas a min.

Unha gran aperta. 

A alegría

Bo días familias! Que tal estades?

Aquí estamos un día máis cunha pequena proposta de actividades sobre a emoción da ALEGRÍA J

Unha aperta moi forte.

Laura.

1 de agosto: Día Mundial de la Alegría – Cursor en la Noticia…

BICOS DE TODAS AS CORES

Bos días familias e rapeces/as! Que tal vos atopades? Espero que todo estea ben e oxalá dentro de pouco poder vernos de novo.

Son a profe Laura e a partir de agora farei propostas de actividades de alternativa relacionadas con distintas temáticas. Unha das temáticas que tratamos no cole nestas sesións son as emocións.

A educación emocional na etapa de infantil é fundamental para que os máis cativos aprendan a regular as súas emocións da mellor forma posible ante os conflitos intra e interpersoais que xorden no seu día a día. Pero para poder xestionalos, primeiro deben coñecelos e aprender a identificalos tanto neles mesmos coma nos demais. Este será o principal obxectivo das actividades relacionadas cos sentimentos e emocións.

Comezamos coa primeira proposta J

Unha gran aperta virtual!

Distribuir contido

Back to top