Pedagoxía terapéutica

XOGO DE INFERENCIAS II

Bos días:
Hoxe comparto con vos, un segundo xogo de inferencias (o primeiro podedes atopalo na primeira páxina de publicacións da especialidade de PT). Os dous xogos teñen a mesma dinámica, vos ledes o enunciado e o neno/a ten que elexir a opción correcta. Para comezar pinchade en presentar na parte de arriba da páxina.

Inferir require atención, pero sobre todo razoar a resposta correcta que non está directamente explícita no enunciado.

Saúdos

Lorena

Mestra de Pedagoxía Terapéutica

XOGO

CLASIFICACIÓNS

Facer clasificacións é unha boa maneira de traballar conceptos básicos como cores, formas, posicións no espazo. De maneira lúdica, con movemento, e xogando, tamén aprendemos.

PROPOSTAS DE VERÁN

Bos días:

Está a piques de rematar este curso tan complicado e estraño pola situación que vivimos estes meses e quero aproveitar esta publicación para recomendarvos diferentes páxinas web e enlaces para que sigades xogando e aprendendo este verán.

XOGOS EN LIÑA

MundoPrimaria

ArbolABC

Cristic

Cokitos

TRABALLO EN MESA

Aulapt

Superpt

Fichasatencion

MANUALIDADES

bebesymas

pequeocio

Agardo que todos estes recursos vos sexan de axuda e que disfrutedes moito este verán.

Unha aperta enorme

Profe Lore

CONTRARIOS

Bos días:

Comeza a última semana do curso, e para este luns a miña proposta é un xogo para traballar o autocontrol e a atención. No enlace tedes a explicación da actividade, despois de ler pinchade donde pon "ingresar aqui para acceder a las actividades go-no go" e vai comezar a descarga dunha presentación de power point, abridea e seguide as instruccións dos xogos.

A ver que tal vos saen.

Saúdos

Profe Lore

ENLACE

XOGAMOS COS CONCEPTOS BÁSICOS

Bos días:

Para rematar esta semana fágovos unha proposta de xogos en liña, para traballar os conceptos básicos e mellorar a orientación espacial e temporal.

No enlace tedes o xogo, e se navegades pola páxina atorades moitos máis xogos de atención, números, letras....

Agardo que vos guste e que disfrutedes aprendendo.

Unha aperta

Profe Lore

XOGO

DEBUXOS INCOMPLETOS

Bos días:

A proposta de hoxe é que vos fixedes ben nos debuxos do adxunto, posto que están incompletos, fáltalles algunha parte moi importante. Cando saibades qué lle falta, debuxadeo e despois podedes colorealo como máis vos guste.

Saúdos

Profe Lore

TRABALLAMOS A ATENCIÓN CON SILUETAS

Ola!!!

A proposta de hoxe é seguir traballando a atención, esta vez mediante a búsqueda de siluetas iguais ao modelo, que aparece nun recadro na parte superior á dereita.

Saúdos

Profe Lore

DOMINÓ

Bos días:

Rematamos outra semana de traballiños cun dominó de animais para xogar toda a familia.

Que pasedes unha boa fin de semana.

Profe Lore

ATENCIÓN

Bos días:

Imos continuar traballando os procesos cognitivos básicos (atención, percepción e memoria), hoxe mediante un par de fichas que están no ficheiro adxunto.

Saúdos

Lore

XOGOS DE MEMORIA

Bos días e bo comezo de semana!!

Hoxe compártovos unha páxina para xogar en liña ao memory ou ao Simon dice, doús xogos que nos permiten traballar a atención, a concentración e a memoria. Hai diferentes niveles de dificultade en cada xogo para que xoguedes toda a familia, e incluso ten un apartado para imprimir as tarxetas do memory de diferentes temas.

Agardo que vos guste a proposta de hoxe.

Recordarvos que vos podedes poñer en contacto comigo mediante o correo electrónico a loreptfergo@gmail.com

Saúdos

Profe Lore

Enlace

Distribuir contido

Back to top