Pedagoxía terapéutica

O TARRO DOS BOS MOMENTOS

Bos días familias:

Navegando pola rede atopei unha idea que me parece moi interesante para estes días de confinamento.

Trátase do tarro dos bos momentos. A idea é que cada día os nenos e nenas pensen o que máis lles gustou do día e que coa vosa axuda o poñan nun papel, coa data e o metan neste tarro.

Cando todo esto remate, abriremos o tarro e leremos eses bos recordos, posto que nestas situacións tan complicadas, de agobio e nerviosismo é bo quedarnos coas cousas boas.

Aquí tedes o exemplo de tarro: 

 

Adxúntovos tamén uns modelos de etiquetas para o tarro.

Moito ánimo, e a quedarnos con bos momentos que vivimos estes días.

TRABALLAMOS A ATENCIÓN

Bos días:

Hoxe imos traballar a atención, xa que é un proceso sicolóxico básico e necesario para a aprendizaxe, por iso é moi importante que os nenos e nenas a traballen dende idades temperás.

A continuación déixovos un enlace ao xogo, "animais á fuga" no que teredes que clicar enriba dos animais que vos indica ó modelo.

Se navegades pola páxina www.vedoque.com atoparedes outros xogos para traballar a atención, a lectoescritura, matemáticas e para diferentes idades.

Que o disfrutedes!!!

Animais á fuga

 

Para darvos un pouco de  ánimo neste confinamento, aqui tedes unha preciosa canción. 

A vivir 

CREANDO DINOSAURIOS

Hoxe quero propoñervos unha actividade para que axudedes aos nenos e nenas, tanto na realización do material, como despois montando os dinosaurios.

Este xogo é un Tangram, pero coas diferentes formas xeométricas despois imos construir dinosaurios. Este tipo de xogos, ademáis de entreternos, permitennos traballar a atención, a concentración e a discriminación visual para lograr completar o modelo de maneira idéntica.

Na seguinte imaxe tedes diferentes tipos de dinosaurios para copiar.

Adxúntovos un pdf coas formas para imprimir e recortar. 

Deixade voar a vosa imaxinación.....e inventade novos dinosaurios.

 

INFERENCIAS

Hoxe queremos falarvos das inferencias. Inferir é deducir, razoar, para atopar e comprender unha información que non está escrita nun texto ou se atopa nunha imaxe.

Traballar as inferencias cos nenos e nenas é importante porque axuda a desenvolver as súas capacidades de razoamento e deducción, así como de comprensión de diferentes situacións onde hai que interpretar información non visible.

Aquí tedes o enlace a un xogo en liña para traballar as inferencias. Para comezar premede na parte de arriba en iniciar presentación, lédelle aos nenos e nenas as frases e eles/as teñen que clicar na imaxe que consideren correta.

Que non se apuren, porque se fallan volve o xogo ao comezo!!!

Ánimo e a xogar toda a familia.

Xogo inferencias

XOGOS EN FAMILIA PARA A CORENTENA

Nestes días de confinamente na casa, é importante establecer unha rutina diaria, con horarios para facer as diferentes actividades que decidades. Estas actividades podedes escollelas entre todos os membros da familia.

Dende o DO vos propoñemos que algunha desas actividades sexan xogos, nos que participe toda a familia. Poñemos algún exemplo a continuación:

1. Adivina el personaje. Un xogador pensa unha personaxe e o resto deben adiviñalo con preguntas de si ou non.

2. Palabras encadenadas. Xa sabedes caracol- cola- latoso-sopa...e así sucesivamente.

3. Tea de arañas caseras. So precisamos velcro e fieltro. Co velcro facemos unha tea de araña xigante pegada a parede, e co fieltro podemos facer pequenas arañas que os nenos/as deberán lanzar sobre o velcro. O obxectivo é conseguir que os animaliños queden o máis cerca do centro posible.

4. Vexo, vexo. ¿Qué ves?

5. Camisetas personalizadas. Se tes unhas camiseta brancas básicas e pintura , xa tes unha nova prenda!

Tedes máis ideas premendo aqui.

Moito ánimo para estes días.

Distribuir contido

Back to top