Barreiro

UNHA MAÑÁ DIFERENTE...

O pasado martes trasladamos a actividade á sede do CRA. O obxectivo era participar de xogos cun propósito: facernos conscientes de que cada un de nós é único, especial e que pode ser como queira. Así vimos unha historia e descubrimos que as cores non teñen dono, que o azul e o rosa non són nin de nenos nin de nenas senón de quen os queira usar; recordamos a historia de Daniela Pirata; fixemos exercicio; pescamos prexuízos e atopamos parellas en todo tipo de profesións. Ademais, coñecimos espazos novos do edificio central da nosa escola que alucinaron a todos e todas. Unha mañá moi especial.

TALLER MATEMÁTICO

TALLER MATEMÁTICO

Nos encanta aprender, probar se somos quen e demostrar todo o que sabemos facer. O xoves dedicamos un parte da mañá a xogar con números, cantidades, ... e para iso saltamos, bailamos, ... fixemos moitísimas cousas. Nos encantan os talleres de mate!

Estamos de volta!

Estamos de volta!

 

Xa estamos de volta e parece que alguén ten ganas de facernos unha visita... Hoxe apareceu na aula unha nota extraña e unhas plantiñas moi fermosas que xa estivemos tocando, cheirando, ... seica o noso Lupo pasouse pola escola e atopou a nosa horta un pouco "desastrosa". Así que, tocará poñerse mans á obra (e lavadoras en marcha) para poñer o noso xardín ben xeitoso. 

 

 

Aínda que xa comezamos a facer algúns cambios nese espazo, hoxe dedicámonos a voltar á rutina. Mirade...

 

DÍA DA MULLER - 8 DE MARZO

DÍA DAS SUPER MULLERES

Como cada 8 de marzo, comemoramos dende a aula o día da muller. Neste curso, no que estamos a coñecer o mundo viaxando polos diferentes continentes e países, poderíamos ter centrado a nosa atención en mulleres doutros lugares pero porqué non volver a mirada ao noso arredor e valorar o traballo que cada día realizan unhas mulleres rápidas, valientes, fortes, guapas, dormilonas ou "bañadoras". Esas mulleres que traballan, nos coidan e, en definitiva, sustentan a nosa vida.

Para homenaxealas, realizamos este pequeno vídeo.

 

DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA

 

Un ano máis, aproveitamos a última semana de febreiro para achegarnos á figura de Rosalía de Castro. Coñecimos así algúns datos da súa vida, da súa obra, ... pero na nosa aula, na que nos encanta cociñar non podíamos deixar de preparar un dos seus pratos preferidos, ao que facía referencia nun dos seus poemas, o caldo de gloria. Velaquí tedes algunhas imaxes sobre o noso traballo.

 

XOVES SAUDABLES

XOVES SAUDABLES

Nesta nova xornada de cociña dedicamonos a preparar unhas galletas de avena e plátano que tiveron unha acollida irregular por parte dos pequenos catadores. Pero, esa é a finalidade desta proposta, participar dunha actividade como é a cociña, valorar a importancia de consumir alimentos sans, ter unha actitude positiva ante a proba de novos alimentos e ser quen de expresar as súas opinións e de respectar as dos demais.

Se vos tamén queredes valorar esta receita, aquí tedes o vídeo.

 

MOMENTOS

Ás veces, non compre procurar os mellores recursos nin poñer diante das nosas mans os máis novos materiais. En ocasións, un pequeno libro pode motivar unha viaxe chea de aventuras e qué mellor que viaxar acompañados...

XOVES SAUDABLES

Co remate do primeiro trimestre achegamos unha nova proposta de merendas saudables nas que se incluían sabores algo diferentes que non eran de todos coñecidos para os e as peques da aula. Por iso, debatemos se sería unha boa idea facer uns talleres nos que preparar e probar merendas como guacamole, brochetas de froitas, ... A resposta foi positiva e adquirimos o compromiso de probar para poder dicir se nos gustan ou non.

Así xurdiron os xoves saudables, mañás nas que dedicaremos un ratiño a coidar a hixene, cociñar e probar novos sabores. 

Na primeira sesión, preparamos hummus e velaquí tedes a receita.

BO NADAL!

CHEGOU O NADAL

Despois dun trimestre intenso chegou o tempo de Nadal, case nos pillou por sorpresa despois da ponte de decembro pero nestes días temos preparado adornos, farolillos e unhas postais que pronto chegarán as vosas casas. Pero o último día de clase reservaba unha sorpresa especial. Unha festa na que viaxamos polo mundo descubrindo as diferentes tradicións da noite de fin de ano. 

O resultado? Unha mañá chea de xogos e de ledicia. Velaquí algunhas imaxes...

  

Katia foi tan rápida cumprindo os retos que non saíu en fotos pero sí que hai vídeos que amosan o ben que participou...

Apetécevos xogar ao noso xogo o día de fin de ano? Por se vos apetece, volo deixo aquí abaixo. Só tedes que premer na seguinte imaxe.

 No xogo ide premendo nas bandeiras para coñecer a tradición dese país.

Moi boas vacacións, moi felices festas e os mellores desexos para o 2022!

Vémonos pronto!

 

25 NOVEMBRO

25 NOVEMBRO - SEMENTES DE IGUALDADE

 

Aínda que non nos encanta comemorar datas como esta, na aula sabemos que cousas grandes nacen de sementes moi pequeniñas. Con este motivo, reflexionamos sobre o amor, sobre cómo nos gusta que nos traten e se iso o unimos a que estamos a rimar palabras... pois xurden lemas fermosos e cheos de verdade.

Este é o noso.

 

 
 
 
Me encanta! 
 
 
Distribuir contido

Back to top