Barreiro
CASTAÑAZO ROCK 2021! TOMA CASTAÑA!
Posted Novembro 15th, 2021 by profe20CASTAÑAZO ROCK 2021!
Se algo nos gusta na nosa aula é a festa! E non hai nada mellor que manter as tradicións mesturandoas con novas aprendizaxes e descubrimentos como que a música rock nos encanta.
Así o tradicional magosto transformouse nun festival no que tivemos que apañar castañas no noso monte particular, preparamos "choripán" para non ter fame, construímos as nosas guitarras castaña, vestímonos como auténticos rockeiros e aínda que nos impresiona ter público podo asegurarvos que pasamos moi bos ratos bailando e cantando éxitos como "Dame máis castañas!", "Quiero leche" ou "Fame".
Tralo éxito deste ano, seguro que este festival terá máis edicións. Atentos para non quedar sen as vosas entradas!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Tempo de Samaín
Posted Outubro 31st, 2021 by profe20SAMAÍN
Chegou o tempo dos medos pero tamén das risas… Rimos ao descubrir que nos encanta ensuciarnos e que os monstros que se lavan na lavadora non asustan a ninguén.
Queredes ver como o pasamos?
Velaí un pequeno vídeo.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
As MaiMiñas
Posted Outubro 26th, 2021 by profe20AS MAIMIÑAS
Despois de moitos meses sen acudir a actuacións nin facer excursións, hoxe disfrutamos dunha actuación musical na sede do cra que nos levou de viaxe por países como Reino Unido,Australia,Italia, …
Aínda que sentadiños, disfrutamos un montón!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Carreira solidaria
Posted Outubro 26th, 2021 by profe20
Carreira solidaria
Un ano máis unímonos á iniciativa solidaria da Fundación “Uno entre cien mil”e participamos nunha nova carreira solidaria na que corrimos, saltamos e superamos todo tipo de obstáculos coa finalidade de contribuir á investigación contra a leucemia infantil.
Sodes uns campións!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ENTRE PEDRAS
Posted Outubro 6th, 2021 by profe20Con motivo do volcán…
A partir da nosa experiencia sobre os volcáns e de comprobar as propiedades das pedras volcánicas propuxémonos experimentar con pedras. Cada un trouxo unha pedra e descubrimos as súas propiedades e características pero ¿por qué son diferentes?
Para comprendelo, puxémonos a experimentar empregando… CARAMELOS! Os doces convertéronse en rochas que sufriron todo tipo de procesos que deron lugar a novos tipos de pedras. Así descubrimos que as rochas se poden clasificar en tres tipos cuns nomes… raros, raros,…
Mirade o noso traballo
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
AS VIAXES DE LUPO
Posted Septembro 24th, 2021 by profe20Ola familia,
O pasado xoves un paquete chegou á escola. Nun primeiro momento pensamos que alguén pedira algo por Amazon… pero non! Era do noso amigo Lupo. Por fin tivemos novas del! Contounos que a través dos contos descubríu que hai un montón de sitios incribles e que os quixo coñecer. Tamén nos contaba onde está e nos envíaba algunhas cousas típicas dese lugar.
Seredes quen de adiviñar de qué sitio se trata?
Premede na seguinte imaxe e… sorte!
Seguro que o conseguides pero se non…
Velaí vos van unhas fotiños
Saúdos dende a escola
O teu navegador non soporta este vídeo.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
De volta na escola!
Posted Septembro 11th, 2021 by profe20
De volta na escola!
Parece que foi onte cando pechamos a porta para desfrutar dunhas merecidas vacacións e xa estamos de volta!
Cos peques de novo nela, a escola volve a ser un espazo vivo, cheo de ruido e de movemento.
Un espazo no que compartir o que pensamos, sentimos e que sabemos cos outros.
Nestes primeiros días, estamos a recuperar as rutinas e a recibir aos novos e ás novas compañeiras. Agardamos que pronto sintan este espazo como propio e que desfruten xogando, bailando, …
Pero… neste regreso, notamos a falta dos nosos compañeiros e das nosas compañeiras que comezan a súa etapa de educación primaria, moito.
E tamén da nosa mascota, Lupo que non está por ningures. Nun intento por encontralo, temos preparado uns carteis para tentar atopalo, ¿qué vos parecen?
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Benvidas e benvidos!
Posted Septembro 8th, 2021 by profe20Hoxe é un gran día,
De novo á escola énchese de:
Ideas,
Lágrimas,
Unicos momentos,
Sorrisos,
impaciencias,
orixinalidade e
nervios.
Comeza un novo curso, unha viaxe que nos levará a coñecernos, a aprender e a compartir momentos e situacións que seguro non nos deixarán indiferentes.
Benvidas e benvidos!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Primeiros bichos!
Posted Xuño 26th, 2021 by profe20Como vos comentei o último día de clase, somos uns magníficos buscadores de bichiños e compartir os nosos achados cos compañeiros e compañeiras nos encanta.
Xa chegaron as primeiras fotos e velaquí están
Brais – chinche das malvas
Katia - xoaniña
Mil grazas! E seguide buscando!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Despedida do curso
Posted Xuño 24th, 2021 by profe20Remata un curso tan especial que non teño nin palabras para definilo.
Só darvos as grazas por tanto esforzo, tanto cariño, tanto amor…
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »