San Xurxo

Actividades 11 - Mércores 13 Maio

Bos días familias. Deixovos unha nova proposta relacionada coas letras galegas. Un bico. Cris

MÁIS FOTIÑOS... SEGUIDE ASÍ, PEQUES!!!

 

 

 

 

ACTIVIDADES 10 LUNS 11 MAIO

Comezamos unha nova semana con novas propostas. Xa que o 17 de Maio celebramos o Día das letras galegas, esta semana adicaremos parte do noso traballo a coñecer un pouquiño ao autor homenaxeado este ano, ademais de seguir coa nosa investigación sobre os animais mariños.

 

Ademáis dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñennos unha actividade moi interesante para resaltar o fermosa que é a nosa lingua...chamase "Un mar de palabras" e podedela atopar entrando no apartado de Dinamización da lingua:

https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/taxonomy/term/119

Animádevos a participar!!

Pola súa parte o Equipo de Biblioteca no seu apartado "Recomendámosche" pon a nosa disposición un apartado para que deixemos suxerencias de contos que nos gustaría atopar na biblioteca do centro, por se queredes facer algunha aportación.

Un bico e ánimo que xa vai quedando menos!!

ACTIVIDADES 9 - 3ºTRIMESTRE VENRES 8 MAIO

Familias , aquí vos deixo unha nova proposta sobre o conto "La bruja Pampurrias". 

Pasade polo apartado de Dinamización da Lingua Galega, e veredes un video cos maios que os peques do cole elaboraron na súa casa. Deixovos o enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/taxonomy/term/119

Recordade tamén que dende a dirección do centro se publicou na páxina principal do centro unha información importante respecto a admisión do alumnado para o curso 20/21, como vos fixen chegar onte mediante abalar. Deixovos o enlace por se queredes ver a publicación da web: www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/

 

OS NOSOS TRABALLIÑOS E FELICITACIÓNS

Aquí vos deixo algúns dos traballiños que me mandastes, estadelo facendo xenial peques!! Deixovos tamén os debuxiños de felicitación para Gabri e Daniela.

 

ACTIVIDADES 8 - 3º TRIMESTRE MÉRCORES 6 MAIO

Bos días familias. Comezamos outra semaniña e aquí vos deixo as novas propostas.

Aproveito para decirvos que este mes temos de aniversario ao noso compi Anas, así que anímovos a mandarme un debuxo como felicitación antes do día 27 de Maio. Un bico grande.

CRIS

Actividades 7 - 3º Trimestre Mércores 29 Abril

Ola de novo familias. Aquí vos queda a nova proposta para seguir traballando co conto desta semana. Recordade que o Venres 1 de Maio e o Luns 4 son días non lectivos, polo que non colagaremos novas propostas na web.

 Un saúdo e moito ánimo que xa vai quedando menos. Bicos. Cris

Adiviña 9

Nova adiviña... cantos seredes capaces de resolvela? Adxúntovos a solución da adiviña anterior.


NON PENSES NOUTRAS COUSAS
QUE AS TES NO MAR
OU AS VES CHEGAR FURIOSAS
OU MANSAS HAN DE CHEGAR.


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES 6 - 3ºTRIMESTRE- Luns 27 Abril

Bos días familias! Comezamos unha nova semana cunha nova proposta de actividades. Espero que sigades ben e que disfrutedes dese pequeno paseiño que a partir de agora podemos disfrutar cos peques.

Un bico. Cris

Actividades 5 3ºTrimestre - Venres 24 abril

Bos días familias. Aquí vos deixo novas propostas para rematar esta semana.

Agardo que todos sigades ben e que pronto nos poidamos ver de novo.

Unha aperta. Cris

Distribuir contido

Back to top