San Xurxo

Actividades 4- 3ºtrimestre Mércores 22 Abril

Bos días familias, aquí estamos un día máis. Novamente adxúntovos novas propostas de actividades, así como unha proposta que nos fai o equipo de biblioteca, con motivo do día do libro que se celebra mañá 23 de Abril. Animádevos a participar, eu xa o fixen!!Sorriso

Ademais quero felicitar a dous compañeiros que están de aniversario este mes. É unha mágoa que non podamos celebralo todos xunto no cole, por eso vos animo a que lle fagades un debuxiño como felicitación e mo mandedes, para así poder subilo a esta páxina e que sepan que todos nos acordamos moito deles.

 

ACTIVIDADES 3 - 3ºTRIMESTRE luns 20 abril

Comezamos unha nova semana e aquí vos deixo as miñas propostas! Toca traballar cun novo conto e investigar algún animaliño do mar.

Unha aperta moi grande. Cris

Traballamos na casa

Noraboa Leire e Marco polos vosos traballos! Leire atopou a solución da adiviña anterior e fixo un debuxo xenial. Marco, encántannos as túas abelliñas. Seguide así chicosSorriso

 

 

 

Solución adiviña 7

ACTIVIDADE 2 - 3º TRIMESTRE

Bos días de novo! Deixovos unha nova  proposta e unha nova adiviña. A partir de agora publicaremos cada semana, os Luns, Mércores e Venres. Se houbese algún cambio xa vos avisaría previamente.

Bicos para todos!!

ACTIVIDADES 1 - 3ºTRIMESTRE

Benvidas de novo familias!! Espero que pasarades unhas boas "vacacións" e que sigades tod@s ben. Hoxe comezamos o terceiro trimestre, e aínda que non da forma que nos gustaría, toca volver a traballar, sobretodo para que os peques non perdan as rutinas e leven todo esto o mellor posible. Deixovos unha explicación de como organizaremos o traballo estos días e unhas propostas para comezar a traballar cos pequechos. Recordade ter a man un calendario para que os nen@s vexan a fecha e os que xa son capaces a escriban nos traballos que realicen. Moito ánimo e forza...e un bico enorme.

Cris

 

ACTIVIDADES 8

Chegaron as "vacacións"!! Deixovos novas propostas e un contiño para que vexades cos peques.

Desfrutade desta semaniña de "vacacións" tan peculiar, xogade moito e compartide todo o tempo que poidades en familia.

Vémonos á volta... un aperta moi grande e millóns de bicos para os peques, estou desexando velos!!!!

Ánimo... cada día que pasa estamos máis preto de acabar con todo isto.

Conto: https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

ACTIVIDADES 7

Queridas familias, aquí vos deixo novas propostas para facer cos peques.

Hoxe comeza un novo mes...non vos esquezades de poñer a data cada día!! Recordade tamén visitar os espazos das especialidades e dos mestres de apoio...estan cheos de propostas moi divertidas e enxeniosas para os peques!!

Adxúntovos tamén un "conto" que inclúe algunha proposta de actividades, por se vos pode axudar a entreter aos nen@s un ratiño!! Guiño

Un bico grande. Cris

ACTIVIDADES 6

Familias, comezamos unha nova semana e xa superamos os primeiros 15 días de confinamento, así que...Noraboa, xa queda menos para gañar a batalla!

Deixovos novamente varias propostas para estes días e tamén un modelo de diploma para que lle fagades os peques, que ben o merecen...estanse portando como campións!!

Un saúdo e un bico enorme. Cris

 

ACTIVIDADES 5

Bos días familias. Espero que o e estedes levando o mellor posible e con moito ánimo, Déixovos novas actividades para levar a cabo cos peques. Recordade que todo o que fagades o podedes meter na caixa que despois traeremos o cole. Estaremos encantados de ver os traballiños que fixemos en casa durante estos días!!  

Adxunto tamén unha adaptación do conto "O monstro de cores" por se queredes contarllo os nen@s.

Un  bico grande, Cris.

Distribuir contido

Back to top