Budiño

AITANA CUMPRE 4 ANOS!!!

NESTE  MES  DE  DECEMBRO  DESFRUTAMOS  DO  ANIVERSARIO  DA  NOSA  COMPAÑEIRA  AITANA,  QUE  CUMPRE  4  ANOS. ESPERO  QUE  DESFRUTASEDES  TODOS  DESTE  GRAN  DÍA  E... OS  MEUS  MELLORES  DESEXOS  PARA  TI, AITANA !!!  

AQUÍ  VOS  DEIXO  ALGUNHAS  FOTOS...

 

PROFE   SANDRA

 

QUE É ARTE?

Para os nenos e nenas da aula de Budiño, a arte é…

VALENTINA CUMPRE 5 ANOS!!!

NESTE  MES  DE  NOVEMBRO  DESFRUTAMOS  DO  ANIVERSARIO  DA  NOSA  COMPAÑEIRA  VALENTINA,  VALEN  PARA  OS  AMIGOS,  E  QUE  CUMPRE  XA  5  ANOS.  CANTAS  GANIÑAS  TIÑA  DE  ABRIR A  MAN  E  ENSINAR  TODOS  OS  DEDOS  PARA  DICIRNOS  OS  ANOS  QUE  CUMPRE:  OS  5  LOBIÑOS  QUE  TEN  A  LOBA...    ESPERO  QUE  DESFRUTASEDES  TODOS  DESTE  GRAN  DÍA  E... OS  MEUS  MELLORES  DESEXOS  PARA  VALEN !!!   AQUÍ  VOS  DEIXO  ALGUNHAS  FOTOS...

 

 PROFE   SANDRA

TEMPO DE MAGOSTOS !!!

DON  OUTONO  XA  CHEGOU  E,  ENTRE  OUTRAS  COUSAS...  MOITAS  CASTAÑAS  NOS  DEIXOU   E...  CAL  É  A  FESTA  TÍPICA  DESTA  ESTACIÓN?  O  MAGOSTO!!!   POR  ISO, E  GRAZAS  A  COLABORACION  DA  ANPA  DO  NOSO  CRA,  POIDEMOS  DESFRUTAR  DESTA  FESTA  NO  PATIO  DA  NOSA  ESCOLA;  COMEMOS  CASTAÑAS  ASADAS;  SALTAMOS  Á  FOGUEIRA;  PINTÁMONOS  AS  CARAS... EN FIN, GRAZAS  AOS  MEMBROS  DA  ANPA QUE  ESTIVERON  CON  NÓS,  ABEL  E  VICTORIA,  OS  PAPIS  MÁIS MARCHOSOS  QUE  NOS  PUIDERON  TOCAR...PASÁMOLO  EN  GRANDE!!! 

 

PROFE   SANDRA

 

 

CELEBRANDO O SAMAÍN !!!

TAL  E  COMO  CASELÍN  NOS  PEDIU  NA  SÚA  CARTA, O  PASADO  28  DE  OUTUBRO  VIÑEMOS  AO  COLE  DISFRAZADOS  PARA  DARLLE  UN  BO  SUSTO  A  NOSA  MASCOTA  DA  BIBLIO  E,  DE  SEGURO,  QUE  O  FIXEMOS.  NA  NOSA  AULA,  TERRORÍFICAMENTE  ENGALANADA... MAQUILLÁMONOS... DABAMOS  MOOOOITO  MEDO...  CELEBRÁMOLO  POR  TOOODO  O  ALTO  E...  PASAMOLO  XENIAAAL !!!   AQUÍ  VOS  DEIXO  ALGUNHAS  IMAXES  PARA  O  RECORDO:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  PROFE   SANDRA

 

 

DARÍO, O MÁIS PEQUE DA CLASE, CUMPRE 3 ANIÑOS !!!

LOGO  DUNHAS  SEMANAS  DE  DAR  COMEZO  O CURSO,  O  NOSO  BENXAMÍN CELEBRA POR PRIMEIRA  VEZ  O  SEU  CUMPREANOS CONNOSCO.   NON  LLE  DABA  CHEGADO  A  HORA  DE  CUMPRIR  DUNHA  VEZ  POR  TODAS  OS  3  ANOS.  A  E  TODO,  DARÍO  DESFRUTOU  DO SEU  gran  díA  e puido  celebralo  cos  seus  novos  compis  DA  AULA  DE  budiñO.  Así pois, OS  MEUS  MELLORES  DESEXOS  PARA  darío !!!

 

 PROFE   SANDRA 

 

CELEBRAMOS O PRIMEIRO CUMPRE DOS PEQUEARTISTAS DE BUDIÑO!!!

COMENZADO O MES DE OUTUBRO, LEIRE FOI A ENCARGADA DE INAUGURAR A TEMPADA DAS CELEBRACIóNS CUMPREAñEiras DA NOSA AULA.    PobriñA!!!    A PESARES DE CUMPRIR EN XULLO, TEN QUE AGARDAR A VOLTA AO COLE PARA PODER CELEBRALO COS SEUS COMPIS.  CANTAS GANAS TIÑAMOS DE COMEZAR AS FESTAS, ESPECIALMENTE AS DOS CUMPREANOS!!!. Así pois, aproveitarei este momento para publicar ALGUNHAS DAS fotos Do momento... e...  OS  MEUS  MELLORES  DESEXOS  PARA  LEIRE !!!

PROFE   SANDRA

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23:

 

Moi  bo  día  familias  e  benvidas  a  este  curso!

O verán xa rematou e aquí estamos de novo, coas pilas ben cargadas, para emprender un novo camiño... unha nova etapa... un novo capítulo das nosas vidas cheo de aventuras e novidades.

Nestes primeiros días vivimos momentos cargados de moitas emocións e de moita alegría polos reencontros cos compañeiros, o intercambio de experiencias vividas nas vacacións... pero, tamén hai que dicílo, de tristeza polos que xa non están connosco e aos que botaremos sempre de menos...  A eles desexámoslles toda a sorte do mundo na súa nova etapa!!!

En calquera caso, a nosa mochila ven chea de moita ilusión e a tope de sorpresas por descubrir.  ISO SÍ, SOMOS moi pouquiños  PERO...  VIMOS PISANDO FORTE E... non pasaremos desapercibidos !!!  

AQUÍ  ESTAMOS  OS  PEQUEARTISTAS  DE  BUDIÑO !!!

PROFE   SANDRA

E... PARA REMATAR O CURSO... ÍMONOS DE EXCURSIÓN !!!

Por mor das consecuencias ocasionadas pola COVID tivemos que estar uns meses privados de facer saídas e, a pesares de que nos apetecía moito facelas, tivémonos que conformar.   Agora ben, unha vez que recuperamos a oportunidade de facelas... non houbo quen nos parara... Así pois, fixemos varias saídas á sede (onde tamén conviviamos con todos os nenos e nenas do noso CRA) para unhas xornadas de igualdade; para un taller de alimentación saudable; e tamén para coñecer a biblioteca do concello e, de paso, asistir a uns contacontos moi familiares.     Cantas cousas e experiencias aproveitamos para facer mentres tanto!!!

Así mesmo, e por se fose pouco... rematamos o curso cun máxico broche final:  todos os nenos e nenas do CRA, mailos seus profes, fómonos de viaxe en autobús para pasar unha longa xornada na GRANXA-ESCOLA KIRIKO. Esta última aventura coa que xa remato as miñas publicacións deste curso foi SUPER, SUPER, SUPER ESPECIAL e os peques pasárono EN GRANDE!!!  Iso si, tamén hai que dicilo...  o tempo non nos acompañou pero nós... AO MAL TEMPO... BOA CARA E...  A DISFRUTÁLO AO MÁXIMO!!! 

 

Así pois, despídome cunha grande aperta para todos, un millón de bicos e desexándovos que desfrutedes dunhas boísimas vacacións!!!   JE, JE, JE ... e tamén cunhas imaxes da nosa última viaxe deste curso...

 

PROFE   SANDRA

 

A NOSA PRIMEIRA ALFOMBRA FLORAL!!!

Para celebrar “OS MAIOS” decidimos elaborar algo que aínda nunca probaramos. Para elo, unha vez feitas as peticións oportunas ás familias para que nos facilitaran os materiais que íamos necesitar nesta nova experiencia... chegado o día, todas colaboraron de xeito sen igual. Gracias a elas e aos materiais diversos que nos trouxeron (flores de todo tipo, elementos da natureza, etc.) metémonos de cheo nesta nova aventura que nunca antes fixeramos. Isto por aquí, isto por alí, aquilo por aquí e aquilo por alí... e veña..., entre todo o equipo, logramos facer unha fermosísima alfombra floral no noso patio cuberto.  Nunca antes o viramos tan cheo de color!!! Pois ben, se xa o pasamos xenial facéndoa... despois, aínda que nos resistimos moito para desfacela (porque nos daba moita pena), non había quen nos parara...

COMO  DEIXAMOS  O  PATIO !!!     LEMBRÁDESVOS ???

                                                                       

 

                                                                                                                PROFE   SANDRA

 

 

 

Distribuir contido

Back to top