Budiño

2ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES

BOAS  DE  NOVO, FAMILIAS:

Nesta ocasión, vou facervos varias propostas para realizar cos nen@s nestes días. Por favor, lembrade as recomendacións (horarios, rutinas...) que publiquei no post anterior. A partir desa base diaria, fundamental, ireivos facilitando diversas actividades para que vos, en función do “horario” que teñades finalmente establecido, as vaiades organizando e presentando aos nenos segundo a vosa disponibilidade. Será moi importante que llas presentedes de xeito variado (alternando) e progresivo (de máis fácil a máis difícil), tal e como propoño.

Xa sabedes, debedes clicar debaixo deste texto/entrada, no debuxo do clip, onde di documentos adxuntos.  

Antes de despedirme (o luns volverei con máis propostas...), desexarvos moitas felicidades aos papis (aínda que me adiante un pouquiño) e que, a pesar da situación, o desfrutedes ao grande cos vosos peques !!!

Moitísimo ánimo!

Xuntos poderemos logralo!

Unha gran aperta a todos e todas, a Profe Sandra

OLA FAMILIAS: NON ESTADES SOAS !!!

Ante esta situación tan complexa, delicada, sensible e diferente debemos: aprender a vivir, aprender a facer, aprender a ensinar e aprender a sentir de outra forma. Ademais, debedes dar respostas aos vosos fillos e fillas para que entendan e asimilen que non poden saír da casa ou da finca (segundo o caso...), que deben estar sen ir ao parque ou ás actividades extraescolares, que non poderán xuntarse cos amigos e amigas ou mesmo con outros membros da familia e, por suposto, que os botarán de menos.

ENTRE TODOS E TODAS PODEREMOS FACER ESTAS SEMANAS MÁIS DOADAS.

Este novo escenario debe ser a verdadeira oportunidade de facer posible que a educación sexa unha tarefa corresponsablecompartida  e que as nenas e nenos aprendan na vida cotiá. Polo tanto,o contexto familiar éo mellor dos escenarios de aprendizaxe.   

Os vosos fillos e fillas non deben perder todo o adquirido durante estes meses de curso e, por iso, deberán ter responsabilidades ao longo da mañán e da tarde, (encamiñadas a facer rutinas e/ou diferentes tipos de actividades relacionadas, por exemplo: coa asunción de hábitos de hixiene, saúde, autonomía, colaboración, igualdade, corresponsabilidade, de respecto, de escoita activa, etc.).    Por favor, EVITADE UN USO EXCESIVO de pantallas xa que a TV, as tablets, os ordenadores,... non deben ser os substitutos das sesións escolares ou de mamá, papá, avós, avoas,...     A situación actual ofrécenos a posibilidade de aprender xuntos e xuntas, de crear tempos para falar, conversar, dialogar, coñecerse, rir, experimentar, manipular, ... e, como non, a aprender xogando.

     En calquera caso, e para facilitarvos un pouquiño as cousas, irei publicando na páxina web do noso cole, no apartado da nosa aula de Budiño (lateral esquerdo), algunhas ideas e ou aspectos que vos poden axudar cos vosos cativos nestes días de “corentena”.   Así mesmo, tamén podedes atopar máis propostas de actividades nas demais aulas do CRA, así como nos apartados de cada especialidade (Inglés, Música, Educ. Física,....) e do profesorado de apoio.

Fagamos destas semanas unha aventura máxica e aproveitémolas ao máximo!

Moitísimo ánimo!

Xuntos poderemos logralo!

Unha gran aperta a todos e todas, a Profe Sandra

RECOMENDACIÓNS CANDO QUEDAN NA CASAPOSIBLE HORARIO DIARIOPRIMEIRAS ACTIVIDADES

Distribuir contido

Back to top