CAIXAS DE RECICLAXE PARA TODAS AS AULAS

Dende o Comité Climático realizáronse caixas de reciclaxe, reutilizando as caixas de folios empregadas no centro, para todas as aulas.

Cada clase puido personalizar as súas e nomear un comité para o baleirado das mesmas, dende as sesións de titoría.