Filosofía

O proxecto Etwinning "We love our environment" no que participa o IESP de Ames acada o Etwinning National Quality Label

O Proxecto Etwinning “We love our Environment” no que participou o IESP de Ames como socio en lingua española co IESP de Cantabria (Santander) e o Lycée Grombalia de Túnez  acadou o Etwinning National Quality (Selo Nacional de Calidade).  É un proxecto que se encadra no eixo de “Sostibilidade “ dentro do proxecto “Redes de cooperación para o traballo e os Dereitos Humanos III” que forma parte da liña de proxecto internacionais do PFPP do IESP de Ames do curso 2022-23

 Neste proxecto Etwinning realizado no curso 2022-23 grupos de alumnado de Proxecto competencial de 3º da ESO e de Valores Éticos de 4º de ESO dirixidos polo profesor Roberto Barral,socio do proxecto, realizaron actividades colaborativas con alumnado dos centros de Cantabria e Túnez , tais como exposicións de carteis sobre o Dia da Terra, cuestionarios sobre a pegada ecolóxica, videos colaborativos realizados por grupos temáticos especializados no consumo da auga ou a contaminación do aire.


Tamén participaron en encontros por videoconferencia en español co alumnado destes centros, e en inglés ó que se incorporou alumnado de colexios de Xordania ( que forman parte da vertente árabe e inglesa do proxecto).
 
Parabéns para o alumnado e profesorado participante!


O proxecto Etwinning "We love our environment" no que participa o IESP de Ames acada o Etwinning European Quality Label (Selo Europeo de Calidade)

Logo de acadar no mes de outubro Etwinning National Quality Label,  Proxecto Etwinning “We love our Environment” no que participou o IESP de Ames como socio en lingua española co IESP de Cantabria (Santander) e o Lycée Grombalia de Túnez  acadou o Etwinning European Quality (Selo Europeo de Calidade).  É un proxecto que se encadra no eixo de “Sostibilidade “ dentro do proxecto “Redes de cooperación para o traballo e os Dereitos Humanos III” que forma parte da liña de proxecto internacionais do PFPP do IESP de Ames do curso 2022-23

Neste proxecto Etwinning realizado no curso 2022-23 grupos de alumnado de Proxecto competencial de 3º da ESO e de Valores Éticos de 4º de ESO dirixidos polo profesor Roberto Barral,socio do proxecto, realizaron actividades colaborativas con alumnado dos centros de Cantabria e Túnez , tais como exposicións de carteis sobre o Dia da Terra, cuestionarios sobre a pegada ecolóxica, videos colaborativos realizados por grupos temáticos especializados no consumo da auga ou a contaminación do aire.

Tamén participaron en encontros por videoconferencia en español co alumnado destes centros, e en inglés ó que se incorporou alumnado de colexios de Xordania ( que forman parte da vertente árabe e inglesa do proxecto)
 

Programacións didácticas Departamento de Filosofía curso 2023-24

 Programacións  didácticas están  nos seguintes ficheiros adxuntos

O IESP DE AMES PARTICIPA NO PROXECTO ETWINNING “WE LOVE OUR ENVIRONMENT” CON CENTROS DE CANTABRIA , TÚNEZ E XORDANIA.

 O IESP DE AMES PARTICIPA NO PROXECTO ETWINNING “WE LOVE OUR ENVIRONMENT” CON CENTROS DE CANTABRIA , TÚNEZ E XORDANIA.

 

 O IESP de Ames participa no Proxecto Etwinning “We love our Environment” como socio en lingua española co IESP de Cantabria (Santander) e o Lycée Grombalia de Túnez. É un proxecto que se encadra no eixo de “Sostibilidade “ dentro do proxecto “Redes de cooperación para o traballo e os Dereitos Humanos III” que forma parte da liña de proxecto internacionais do PFPP do IESP de Ames.

Neste proxecto Etwinning grupos de alumnado de Proxecto competencial de 3º da ESO e de Valores Éticos dirixidos polo profesor Roberto Barral,socio do proxecto, realizaron actividades colaborativas con alumnado dos centros de Cantabria e Túnez , tais como exposicións de carteis sobre o Dia da Terra, cuestionarios sobre a pegada ecolóxica, videos colaborativos realizados por grupos temáticos especializados no consumo da auga ou a contaminación do aire.

Tamén participaron en encontros por videoconferencia en español co alumnado destes centros, e en inglés ó que se incorporou alumnado de colexios de Xordania ( que forman parte da vertente árabe e inglesa do proxexto).

Unha boa experiencia para internacionalizar o centro!

 

   

 

X Olimpiada de Filosofía

A alumna, do IES Plurilingüe de Ames, Olalla Redondo López, de 1º de Bacharelato, acadou o 1º premio da X Olimpiada de Filosofía de Galicia, que se celebrou o 2 de marzo de 2023 na Facultade de Filosofía da USC, pola modalidade de disertación, que implica ademais a  clasificación para a fase final da Olimpiada Estatal, que se celebrará en Canarias os días 27, 28 e 29 de abril.

Parabéns!!!

      

Distribuir contido