Escolares

Feira das profesións 2024

Un ano máis, os Departamentos de Orientación doIES de Ames, IES Plurilingüe de Ames e IES Xulián Magariños de Negreira organizamos A FEIRA DAS PROFESIÓNS 2024  o xoves 4 de Abril  no pavillón polideportivo de Brión

O horario será de mañá e tarde, en concreto de 10:00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas.

 
No horario de mañá asistirá o alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC acompañado por profesorado do centro.
 
No horario de tarde poderá acudir todo o alumnado e familias dos tres centros e contorna.
 
Podedes consultar todos os participantes e colaboradores da Feira no seguinte enlace:
 
 
 

Esperámosvos o xoves pola tarde.

Samaín

Desde o EDNL do instituto queremos dar as grazas á participación masiva no concurso de epitafios organizado ao redor da celebración do Samaín.
Semella que o Máis Aló estivo ben creativo tanto para crear os seus textos lapidarios como para deseñar esas tumbas, algo que nos permitiu crear ese ambiente sepulcral que nos recibía á entrada do centro estas mañás.

Unha gran parte do mérito, ademais das nosas “defuntas” e “defuntos” foran os departamentos de Plástica e Lingua Galega, que dedicaran parte das súas aulas a colaborar coa actividade.

 

A nosa felicitación especial ás gañadoras do concurso :

  • 1ºPREMIO LÁPIDA+EPITAFIO

Noa Blanco Noya 1ºESO G

  • 2ºPREMIO LÁPIDA+EPITAFIO

Sara Romero Vico 2º ESO F

  • 1ºPREMIO EPITAFIO

Carolina Guerra García 2º ESO G

 

ESPERAMOS CON IMPACIENCIA AS CREACIÓNS DA VINDEIRA EDICIÓN

 


 
 
   

Feira das profesións

 

O vindeiro xoves 4 de maio terá lugar a Feira das Profesións 2023 organizada polos departamentos de orientación do IESP de Ames, IES de Brión e IES Xulián Magariños de Negreira. Contaremos coa presenza dun importante número de expositores entre os que contamos con universidades, CIFP, IES, CFEA, etc., así como con profesionais individuais de diferentes campos que achegarán ao noso alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións.

 

O evento terá lugar no SUM e o horario é o seguinte:

  • De 10 a 14 horas asistirá o alumnado dos tres centros educativos.

  • De 16 a 18:30: Xornada de Portas Abertas para todo o alumnado e familias dos centros da contorna que desexen asistir.

  • Ás 18:30 horas terá lugar o acto de clausura.

Agardámosvos en Ames.

 

 

III Feira das profesións

Achegámosvos unha mostra da III Feira das Profesións a cal tivo unha boa acollida e boa participación por parte da comunidade educativa

 

    
   

 Podedes ver máis fotos na galería.

III Feira das profesións

Programa de Prevención de Condutas Adictivas

O alumnado de 2º ESO e 4º ESO, xunto co alumnado de  FPB iniciou esta semana  o Programa de Prevención de Condutas Adictivas do Concello de Ames que será desenvolto na primeira quincena do mes de Febreiro por medio do cal poderán identificar, coñecer e tomar conciencia sobre os posibles tipos de condutas adictivas, especialmente en adolescentes, como poden ser o consumo de drogas, as novas tecnoloxías, os xogos ou as apostas.

Charlas diversidade sexual

Comezaron as Charlas sobre Diversidade Sexual co alumnado de 1º e 2º ESO e FPB co fin de fomentar o  respecto e seguir formando e sensibilizando nos centros educativos, espazos nos que TRANSformar a sociedade

Distribuir contido