Actividades

Club de ciencia

O Club de Ciencia do IES de Ames creouse no curso 22/23 por un grupo de profesores e profesoras de distintas especialidades co obxetivo de despertar vocacións científicas no alumnado, promover a participación e o interese pola ciencia, concienciar e involucrar ao alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe, desenvolver unha aprendizaxe colaborativa e inclusiva e proporcionar un espazo onde desenvolver a creatividade.
Este Club actúa os xoves alternos de 16:30 a 18:30.
Para este curso 23/24 as datas do terceiro trimestre serán as que seguen: 04/04; 11/04; 18/04;02/05; 23/05; 30/05 e 13/06.

Proxecto Mosquito Alert

Seguimos a traballar no proxecto Mosquito Alert. Desta vez vimos exemplares de mosquito tigre (femias e machos) e comparámolo co mosquito típico de aquí. Nesta semana faremos o "safari" por Bertamiráns para localizar puntos de cría. Deixamos tamén un enlace a unha noticia sobre o posible asentamento do mosquito tigre na nosa comunidade.



 

 

Xeo Seco e Acidez



 

Xeo Seco no laboratorio



 

Proxecto MosquitoAlert



 

Estudo da fotosíntese



 

Día da Muller e da Nena na Ciencia II

Día da Muller e da Nena na Ciencia I

Galiciencia e Pompas de Xabón

 

 

 

Espectro da luz

Distribuir contido