Normas de emprego dos ordenadores
Enviado por anaro o Mér, 13/09/2023 - 13:27
Para o correcto funcionamento do proxecto E-Dixgal é importante seguir as seguintes normas:
- O alumnado ten que transportar sempre o seu ordenador dentro do maletín.
- Se unha alumna ou alumno quere deixar o ordenador na aula pode facelo sempre que o deixe no posto que se lle asigne no carro de carga.
- Os ordenadores no centro só se poden cargar no carro de carga.
- Todas as incidencias que se produzan teñen que ser de comunicadas á coordinadora E-Dixgal coa maior brevidade posible.
- A coordinadora E-Dixgal estará dispoñible todos os recreos para a comunicación de incidencias. Tamén é posible facelo mediante unha mensaxe na plataforma EVA E-Dixgal ou cunha mensaxe no foro de comunicación de incidencias que se atopará na plataforma.
- Se unha familia ten dúbidas sobre calquera aspecto do proxecto pode poñerse en contacto coa coordinadora E-DIXGAL (Ana Rodríguez) chamando ao instituto ou enviando un correo electrónico a tic.ies.ames@edu.xunta.gal.