Física e Química

Día mundial do Medio Ambiente

O alumnado de cultura científica de 4ºESO realizou un photocall para o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

Todo o centro puido disfrutar dunha foto ese día.

          

 

          

Visita a DOMUS e a Casa das Ciencias

O alumando de 3ºESO realizou unha viaxe a A Coruña para visitar as exposicións da Domus e a Casa das Ciencias.

 

  

 

 

Realización do taller Bocados

O alumnado de Cultura Científica e Ciencias aplicadas de 4ºESO realizaron o taller Bocados levado a cabo na DOMUS,  un taller onde descubriron a nutrición como nunca a viran, explorando cereais, facendo cociña molecular e aceptando o reto dun concurso moi sabroso.

     

Visita ao MUNCYT e a Casa das Ciencias

O alumnado de 2ºESO realizou unha viaxe a A Coruña para visitar o MUNCYT e a Casa das Ciencias.

 

Participación en Reimagina la Ciencia

O alumnado de cultura científica de 4ºESO está a participar no programa Reimagina la Ciencia Galicia organizado por Big Van Ciencia.

O pasado 4 de maio asistiron a un espectáculo de monólogos científicos e posteriormente levarán a cabo na aula a creación das súas propias pezas artísticas audiovisuais falando de ensaios clínicos.

 

Charla de Óptica Xeométrica

O pasado mércores 29 de Marzo, o catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo Jose Benito Vázquez, impartiu unha charla práctica de óptica xeométirca para o alumnado de física e química de 1º e 2º de bacharelato. Deixamos a continuación algunha das instantáneas sacadas durante a actividade:

Para ter máis información das actividades experimentais realizadas podes pinchar aquí.

Visita a Sotavento

O alumnado de 4ºESO visitou o parque eólico de Sotavento. 

Nesta visita tiveron a oportunidade de ver por dentro un aeroxerador, unha casa bioclimática, realizar unha montaxe cunha placa solar e para rematar tomar un chocolate quente empregando unha cociña solar. 

Unha visita moi interesante organizada pola profesora Josefa Gamarra.

 

Saída a Valencia

Recentemente, o alumnado de 2º de ESO do IES Plurilingüe de Ames tivo a oportunidade de visitar Valencia grazas ao traballo da profesora Tamara Vázquez. Nesta saída visitaron a Cidade das Artes e das Ciencias ou a Albufera. Deixamos a continuación algunha foto.

Distribuir contido