Latín e Grego

Departamentos de Latín e Grego

Estrea do vídeo da Viaxe a Roma

Hoxe mércores, no primeiro recreo, terá lugar a estrea mundial do vídeo da Viaxe a Roma. Será en multimedia 1. Estades todos invitad@s!

Fotos da Viaxe a Roma

Xa están cargadas na nosa galería en Flickr, as fotografías da nosa viaxe a Roma. Aquí tedes unha fermosa presentación en pantalla completa cunha selección das mesmas.

E a vindeira semana, estrea do vídeo!

P4073242

Vídeos do Festival de Roma

Grazas ao traballo das persoas que realizaron a gravación do festival con varias cámaras, podemos presentar hoxe os primeiros vídeos montados, o tema Bluetrane, interpretado polos alumnos de 2º de Bacharelato de Música, e o tema Equinox, interpretado pola bando do MGB. Podedes ver máis vídeos nesta lista de reproducción do noso canal en YouTube.
 

Visita de estudos ao Festival de Teatro grecolatino de Lugo

O vindeiro luns 8 de marzo, o alumnado que cursa as asignaturas de Latín e Grego de 4º ESO e 1º e 2º BAC asistirá ao Festival de Teatro grecolatino de Lugo, en concreto ás obras "Electra" de Sófocles e "Cásina" de Plauto, estando de volta na Estrada ás 20:30 horas.

O MGB, sé do desempate do concurso ODISEA 2010

O noso centro acollerá o vindeiro mércores, de 16:30 a 19:30, a proba de desempate entre os equipos que acadaron igual puntuación na fase galega do concurso Odisea 2010 de Cultura Clásica.

Serán 4 equipos: un do IES Antón Losada, da Estrada (Veneris Regula), outro que virá dende o IES María Soliño de Cangas (María Soliño), e os dous equipos do noso centro, as DIVINAS, composto por Noa, Catuxa e Sandra, alumnas de 4ºC de ESO, e ACHLYS, integrado por Paula e Andrea, de 2º C de Bacharelato.

Recordamos que o gañador do concurso en Galicia disputará a final co gañador na comunidade valenciana. Sorte para todos! (e unha pouca máis para os equipos do MGB...)

Dous equipos do MGB clasificados para a final da ODISEA 2010

Dous equipos do MGB, as DIVINAS, composto por Noa, Catuxa e Sandra, alumnas de 4ºC de ESO, e ACHLYS, integrado por Paula e Andrea, de 2º C de Bacharelato, acertaron tódalas preguntas da primeira fase do concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, e disputarán o desempate contra outros 25 equipos de toda Galicia o vindeiro mércores 10 de febreiro, nunha sé aínda por determinar.
logo_odisea copia.jpg

O MGB no Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010

Case 50 alumnos (15 equipos) do García Barros están inscritos para participar, a vindeira semana, no Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, organizado pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, SEECGalicia.

O certame consiste nunha serie de preguntas que os equipos, de ata 3 membros, deberán responder directamente dende a web do concurso o luns, martes, mércores e xoves próximos. Participan nel case 50 centros de toda Galicia, cuns 700 alumnos en total. Os gañadores en Galicia competirán co equipo gañador da Comunidade Valenciana, nunha segunda fase a nivel Estatal. 

Os nosos alumnos estarán dirixidos polos profesores Esther Barroso e Álvaro P. Vilariño. dende os  departamentos de Latín e Grego. Moita sorte a todos!

logo_odisea copia.jpg

O MGB en Inforensino

O MGB estará representado nas xornadas de Inforensino 2009 que se celebrarán en Lugo este vindeiro sábado día 21 de novembro. O profesor Álvaro P. Vilariño falará sobre "O proxecto Chiron: Estudos Clásicos na web 2.0". Podedes ver o programa completo nesta ligazón.

Teatro Grecolatino en Lugo

Mañá martes de 10 de marzo dentro das actividades do proxecto "2000 anos por correo" os/as alumnos/as de 4º ESO B, 1º Bacharelato C e 2º Bacharelato C irán a Lugo a ver dúas obras de teatro Grecolatino: "Antígona "e "Mostellaira". Sairán ás 8:45 horas e voltarán sobre ás 20:00 horas

balbo_lugo_2009_bis.jpg

Un mundo ideal - O MGB en Tàrraco

Presentamos o vídeo da viaxe dos alumnos de latín de 2º de Bacharelato a Tarragona, dentro do proxecto dos "2000 años por correo".

Os alumnos "clásicos" do MGB no concurso Odisea 2009

Os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica do MGB están participando no concurso "en liña" ODISEA 2009, organizado pola Sección galega da SEEC (Sociedade española de Estudios Clásicos). O concurso consiste nunha serie de preguntas que deben ser respostadas polos alumnos, divididos en equipos de 3 membros como máximo. Participan centros de toda Galicia. Hoxe, os nosos equipos estarán na sala de informática e na biblioteca na 3ª e 4ª hora, intentando acadar o mellor dos resultados. Sorte a tod@s!
logo_odisea copia.jpg

Viaxe a Tarragona

O pasado sábado 30 de xaneiro regresaron os/as alumnas que participaron en diversas actividades do proxecto "2000 anos por correo" en Tarragona durante os días 27, 28, 29 de xaneiro. Alí realizaron talleres de arqueoloxía, lucernas e lexionario nas instalacións do Camp d´aprentenatge, visitaron o museo arqueolóxico de Tarraco e o museo provincial, o anfiteatro e o circo,  e tamén fixeron un percorrido polas ruinas da villa romana dels Munts. Accede dende aquí á galería de imaxes desta viaxe.

tarraco_grupo_mgb.jpg

Viaxe ás Médulas e Arde Lucus

Durante a pasada fin de semana os alumnos e profesores pertencentes ao proxecto dos "Dous mil anos por correo" viaxaron ás Médulas e aos actos do "Arde Lucus" .

Isto é un resumo do que viviron.

ARDE LUCUS

Dentro do proxecto "Dos Mil años por correo" os alumnos irán a Lugo e ás Médulas os días 20 e 21 de Xuño.

PROXECCIÓN DO VÍDEO "ITER SAGUNTINUM"

Hoxe, no 2º recreo, tivo lugar na sala de usos múltiples a proxección do vídeo "Iter Saguntinum", que recolle a viaxe realizada no pasado mes de abril a Sagùnt e Valencia polo grupo de alumnos do MGB pertenente ao proxecto dos "Dos Mil años por correo". Preme en ler máis para ver a película.  

Distribuir contido