Skip to Content

2018-19

COÑECENDO O BEAT BOX E O URBAN DANCE

O alumnado de TVA asistiu a un taller de Beat Box e Urban Dance. 

Aínda que o principio non tiñamos moi claro de que se trataba... encantounos poder disfrutar desta actividade.

Moitas grazas Chechu!!

COÑECENDO A JULIO VERNE

O alumnado de TVA visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Alí aprenderon un montón de cousas sobre Julio Verne e recolléronas en dous murais que agora temos expostos no cole.

Celebramos Os Maios

Un ano máis celebramos Os Maios. 

Cada ciclo fixo o seu Maio e despois, todos xuntos, bailamos aredor deles para celebrar a chagada da primavera.

Imos de Andaina!!

Alumnos e alumnas de 1º ciclo, 2º ciclo e Tránsito á Vida Adulta participaron na Andaina da Comunidade de Montes.

A medio camiño fixeron unha paradiña para recuperar folgos.

Foi unha mañá de cine!!

ENTROIDO EN TVA

 Este curso os alumnos e alumnas de TVA convertéronse en Chaplin. Pasámolo moi ben.

 

Unha de bolos!!

O pasado mes o alumnado de TVA foi xogar aos bolos. Moitos e moitas parecían auténticos profesionais facendo un pleno tras outro!!

ROCK DE CINE NO SALADINO

Queremos ensinarvos o grupo rockeiro que nos viu visitar ó Saladino. Foron espectaculares, de cine.

Uns rockeiros en estado puro, coa súa música, os seus instrumentos, os seus bailes, os seus pelos... 

Despois, coma poderedes ver, unímonos algúns ó escenario. Pasámolo de cine!!!!

ENTROIDO DE CINE NO SALADINO

Este curso pasamos un entroido de cine. Os rapaces do 1º ciclo convertímonos nos INCRÍBLES. Todos éramos uns superheroes auténticos. 

APROINPPA

O pasado 29 de xaneiro fomos as instalación da  Asociación Provincial de Panadeiros e Pasteleros de Pontevedra (APROINPPA). 

Pasamos unha xornada divertida entre fariña...deixámosvos unha mostra das delicias que preparamos. 

Día da Paz - 30 de Xaneiro

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz cunha xornada de xogos cooperativos no CEIP Carballar, ao que nos desprazamos cos nosos compañeiros de TVA.

Deixámovos unha pequena mostra dos xogos nos que participamos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut