Skip to Content

2020-21

A nosa obra de teatro: "ESCENAS DO CAMIÑO"

O grupo de teatro do noso colexio formado polo alumnado de TVA SUR, quere compartir con todos vós o seu traballo deste curso 2020-21

Teatro de máscaras e mascarillas

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

No noso colexio celebramos o 8 de marzo, o día da muller.

Todo o alumnado e equipo educativo participou neste día tan sinalado, e para elo vos deixamos un vídeo onde se recollen os traballos feitos polos nosos alumnos e alumnas.

Día da muller

DÍA DA PAZ

Celebramos o díada paz este venres 29 de xaneiro de 2021. As circunstancias que estamos a vivir non nos impiden que celebremos este día con precaución e seguridade nos grupos estables de convivencia. Gustaríanos festexar este día doutra maneira máis lúdica e conxuntamente todo o centro, pero non perdemos a esperanza de moi pronto así o faremos.

                      AÚDIO DÍA DA PAZ                                       VÍDEO DÍA DA PAZ  
       
Audio día da az   Vídeo día da Paz  

PRESENTACIÓN DO COLEXIO SALADINO CORTIZO CURSO 2020-21

Neste curso 2020-21 tan atípico non puidemos facer a PRIMEIRA XUNTANZA XERAL de familias. Unha xuntanza que sirve para que os pais e nais coñezan a todo o persoal que traballa no colexio, sexa cal sexa a nosa función, compartindo un tempo cos pais e nais dos compañeiros e compañeiras dos seus fillos e fillas, para coñecer os obxectivos que nos marcamos no presente curso e que teremos que tentar conseguir co apoio de todos e todas, para entender que na formación dos rapaces e rapazas é fundamental o traballo conxunto de toda a comunidade educativa.

Esta é esa primeira presentación do centro, onde aparecen tamen todas as adaptacións que tivemos que facer por mor do Covid-19 e que están a servir para que veñamos á escola máis seguros.

ESPERAMOS QUE VOS RESULTE DE INTERESE!

Presentació curso 2020-21

FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL

O Nadal é unha data moi importante no noso colexio; un día de festa no que as familias e máis nós disfrutamos coas actuacións dos rapaces e rapazas.

Este ano non se puido celebrar da mesma maneira, pero por suposto que non iamos quedar sen festa.

Queremos agradecer a colaboración de todos e todas, pois facelo supuxo un enorme esforzo.

E especialmente queremos adicarllo aos nosos rapaces e rapazas, que veñen cada día ao cole con moitísimas gañas e ilusión e co propósito de cumprir todas as normas que temos este curso, aínda que ás veces lles coste entendelas.

 

 Para el@s e para tod@s vós, aí tendes o NOSOS FESTIVAL VIRTUAL DE NADAL!

  

PANXOLIÑA DE NADAL 2020

Festival Nadal 1º Ciclo 2020      

 

Festival Nadal TVA Sur 2020

 

 

     Festival Nadal Programas FFPB 2020
     1º CICLO                 TVA SUR             PROGRAMAS FFPB

                 

3º premio tarxetas de Nada      3º premio cocurso beléns 2020
     

            3º PREMIO

 (Brais Puertas García TVA)

25º Certame tarxetas de Nadal

"SPECIAL OLYMPICS 2020"

 

                       3º PREMIO

                        (TVA SUR)

      55º Edición CONCURSO DE BELÉNS

                     "Afundación"

TRABALLAMOS ARREDOR DO 25N

 

VIGUESES DISTINGUIDOS

Este ano, o colexio cumpre cincuenta anos.

Cincuenta anos de traballo a prol dos rapaces e rapazas con distintas capacidades e distintas necesidades.

Cincuenta anos loitando pola súa integración na sociedade e axudándolle a acadar o máximo nivel de desenvolvemento que as súas capacidades lles permitan.

Cincuenta anos axudando ás familias a conseguir servizos e axudas adaptadas ás súas necesidades.

Isto fixo que a cidade de Vigo nos outorgue o galardón de VIGUESES DISTINGUIDOS.

Queremos compartir este galardón con todos vós, con todos os profesionais que ao longo destes anos pasaron polo centro. Coas familias que durante este tempo nos confiástesdes a educación e a formación dos vosos fillos e fillas.

E sobre todo cos rapaces e rapazas que aquí se formaron durante este tempo, cos que temos neste momento escolarizados e cos que chegarán no futuro, eles son o verdadeiro motor para que sigamos traballando, a lo menos, outros cincuenta anos máis.

Para todos vós o noso agradecemento.



Distribuir contido


by Dr. Radut