Skip to Content

2015-16

PASEO LAGARES - SAMIL

A PASADA SEMANA FOMOS DE RUTA POLO CAMIÑO DO RÍO LAGARES E CHEGAMOS ATA SAMIL ONDE TOMAMOS O SOL, PASEAMOS, COMIMOS E COMO NON, TOMAMOS UN XEADO PARA REMATAR BEN A XORNADA. AQUI VAN UNHAS IMAXES...

 

 

 

SAÍDA AO ZOO

NESTE MES DE XUÑO TIVEMOS VARIAS SAÍDAS POLA CONTORNA. VELAQUÍ UNHAS FOTOS DA MADROA, O ZOO DE VIGO.

 

 

SLALOM NO SALADINO

O venres 8 de abril o noso alumnado, levou a cabo unha práctica de slalom. A iniciativa xurdiu como parte dun proxecto da alumna Antía e unha das súas mestras Ana Cortegoso. Estes alumnos fixeron un percorrido con obstáculos no ximnasio do centro ante a atenta mirada dos seus compañeiros de TVA, FPB e persoal do centro.

O slalom é unha modalidade deportiva practicada por persoas con parálise cerebral que consiste nunha carreira de obstáculos en cadeira de rodas. Trátase dunha carreira contra reloxo na que o deportista ten que percorrer un circuíto, superando determinados obstáculos no menor tempo posible, e pode ser practicado en cadeira de rodas ou eléctrica.

Noraboa por este gran proxecto!

CONTACONTOS EN FAMILIA

As rapazas e rapaces de segundo ciclo tivemos a sorte de recibir a tres das nosas familias: a de Fran, Anna e Sabela, que visitaron a nosa biblioteca para contarnos un conto. 

Dende aquí queremos novamente agradecervos a vosa colaboración, pasámolo fenomenal!!

Velaquí unha breve mostra, para ver máis fotos visitade o blog da nosa biblioteca.

http://saladinodinamiza.blogspot.com.es

RAMALLADAS

Os nenos e nenas de primeiro ciclo experimentaron unhas xornadas de terapia con cans. O centro de educación canina RAMALLADAS trouxo a un dos seus cans.

VISITA DE APAMP

 
 
 
 
O Xoves 21 de xaneiro estiveron os experts en boccia e campeóns de España de slalon

EMOCIONANTE INICIO DA ESCOLA "FUNDACIÓN CELTA INTEGRA"

O noso equipo CELTA-INTEGRA comezou os adestramentos cheo de ilusión, a continuación deixámosvos o enlace da nova http://www.fundacioncelta.com/obra-social/emocionante-incio-da-escola-fundacion-celta-integra/ 

Tamén vos deixamos o enlace do vídeo do primeiro adestramento no que o equipo tivo a visita do porteiro do R.C. Celta Sergio Álvarez, https://www.youtube.com/watch?t=210&v=62Wpyel__ps

 

FCV Integra Noticia

CELTA-INTEGRA

Distribuir contido


by Dr. Radut