Skip to Content

Primaria

PRIMARIA E SECUNDARIA 1º TRIMESTRE


Este vídeo sintetiza tódalas experiencias que viviron os alumnos/as de Primaria e Secundaria neste primeiro trimestre. Foi un trimestre de moito traballo e moita diversión! 

VAIA RITMO!

Unha saída con moito ritmo! Que ben o pasaron os rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria! Gozaron dos sons e luces da actuación de Vaia Ritmo!

 

 

SAÍDA CANGAS!

Non hai nada mellor que comenzar o curso cunha saída á praia!

 

EXCURSIÓN "LA JUNGLA"

O alumnado de primaria e secundaria do Saladino foron de excursión de fin de curso ao parque de bólas "La jungla" . Alí gastaron toda a súa enerxía saltando, correndo, xogando e tirándose polos tobogáns. Preme no vídeo!!

 

EXCURSIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA

Os rapaces e rapazas de primaria e secundaria foron de excursión e pasárono xenial. Preme no vídeo!!

PROXECTO MEL SALADINO

Os rapaces de primaria fixeron un proxecto relacionado co seu disfraz do entroido. Premede na imaxe para ver que ben lles quedou!!

                         

 

PRIMARIA VISITA O ZOO

Chega o verán, a puntiño están de comezar as vacacións, e para despedirnos ata o ano que ven nada mellor que unha excursión.

Así que antes de rematar este curso 2021-2022 aproveitamos para facerlle unha visita ao zoo da nosa cidade, para poder ver a eses animais que agardamos pronto se atopen onde realmente lles corresponde, e a moitos outros que seguiran con nos cando a Madroa se convirta nun gran parque de ocio familiar, conservación medioambiental e recate da fauna

Aquí vos deixamos unha montaxe con fotos da excursión onde poderedes comprobar as expresións de felicidade e emoción do alumnado ao atoparse cos nosos amigos os animais. So tedes que facer click na imaxeAgardamos que teñades un bo verán cargadiño de excursións e experiencias tan emocionantes coma esta.

FELICES VACACIÓNS!!!

PRIMARIA NO TALLER DE RADIO PONTE...NAS ONDAS!

O 10 de maio visitáronnos Gerardo e Damián, da asociación Ponte... nas Ondas! para impartirnos un obradoiro de radio no que participou todo o centro, e o Ciclo de Primaria encargouse de facer a presentación. Nas fotos vemos a Álex e Antón, os representantes do noso Ciclo, feitos uns auténticos locutores de radio. Pronto poderedes ver as aportacións dos demais ciclos e axiña escoitar o noso programa. Así que non esquezades ter a radio do Saladino Cortizo no voso dial. ;)

Primaria no obradoiro de radio 2022

 

Distribuir contido


by Dr. Radut