Skip to Content

VIGUESES DISTINGUIDOS

Este ano, o colexio cumpre cincuenta anos.

Cincuenta anos de traballo a prol dos rapaces e rapazas con distintas capacidades e distintas necesidades.

Cincuenta anos loitando pola súa integración na sociedade e axudándolle a acadar o máximo nivel de desenvolvemento que as súas capacidades lles permitan.

Cincuenta anos axudando ás familias a conseguir servizos e axudas adaptadas ás súas necesidades.

Isto fixo que a cidade de Vigo nos outorgue o galardón de VIGUESES DISTINGUIDOS.

Queremos compartir este galardón con todos vós, con todos os profesionais que ao longo destes anos pasaron polo centro. Coas familias que durante este tempo nos confiástesdes a educación e a formación dos vosos fillos e fillas.

E sobre todo cos rapaces e rapazas que aquí se formaron durante este tempo, cos que temos neste momento escolarizados e cos que chegarán no futuro, eles son o verdadeiro motor para que sigamos traballando, a lo menos, outros cincuenta anos máis.

Para todos vós o noso agradecemento.





story | by Dr. Radut