AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A Consellería de Educacción, Universidade e FP publicou o 19 de maio a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centro docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código do procedemento ED330B


O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO 20 DE MAIO ATA O 19 DE XUÑO

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean  admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21, e nela especificarase o nivel  de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en  centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros. No caso de que a solicitude se  tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN :

Tal e como establece a orde no artigo 10.3 as solicitudes presentaranse preferiblemente accedendo á aplicación Fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (para realizar dito trámite é obrigatorio dispoñer de chave 365, certificado electrónico ou DNI electrónico).

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para evitar aglomeracións informaremos do horario establecido para a entrega das solicitudes para cada curso escolar a través de AbalarMóbil. 

Nos arquivos adxuntos poderedes acceder á información para os diferentes cursos, á ORDE do 12 de maio e aos ANEXOS I e II.

AdxuntoTamaño
Orde do 12 de maio.pdf1.2 MB
ANEXOS I e II.pdf1.63 MB
AXUDAS LIBROS DE TEXTO 1º e 2º PARA O CURSO 2020-2021.pdf76.65 KB
FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL 3º e 4ºEP PARA O CURSO 2020-2021.pdf77.71 KB
AXUDA MATERIAL 5º e 6ºEP PARA O CURSO 2020-2021.pdf77.37 KB
FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL 1ºESO PARA O CURSO 2020-2021.pdf77.66 KB