Familias

I XORNADA FORMATIVA "A INCLUSIÓN SOCIOEDUCATIVA DO ALUMNADO TEA"

O 25 de maio nas instalacións do Fórum de Carballo terá lugar a I Xornada de Inclusión Socioeducativa de alumnado TEA. Está organizada pola asociación Un Paso Máis e pretende dar visibilidade ao alumnado que presenta esta problemática así como ofrecer un lugar de intercambio de técnicas, experiencias e recursos.

 

BECAS NEAE CURSO 2024/25

Informámosvos de que está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado específico de apoio educativo, dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024. Consultade as bases e o procedemento no arquivo adxunto ou ben premendo nas imaxes.

AXUDAS PARA O ALUMNADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E ESTUDOS DO CONSERVATORIO DE MÚSICA

Dende o Concello de Carballo comunícannos que hoxe, 3 de abril de 2024, abriu o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental e Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo -Curso 2023-2024 que convoca o Concello de Carballo ata o vindeiro 3 de maio.

Adxuntamos as bases da convocatoria e o modelo normalizado de solicitude (dispoñible na páxina web do Concello de Carballo www. carballo.gal). As solicitudes poden presentarse através da sede electrónica https://sede.carballo.gal ou nos rexistros do Concello de Carballo ata o 03 de maio de 2024

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recibir a información que precisen sobre estaconvocatoria será de luns a venres de 11.00 a 12.30 h. 

 

Nos vindeiros días farémosvos chegar os folletos cos requisitos e a información básica para poder repatir entre todo o alumnado de infantil. 

CONTOS VELLOS, FINAIS NOVOS

 

O xoves 21 de marzo ás 18 h a Biblioteca Rego da Balsa desenvolve unha actividade organizada pola Biblioteca da Deputación da Coruña e coa que colaboramos, o espectáculo de Caxoto, "Contos vellos, finais novos",para axudar a romper cos estereotipos de xénero e afondar en aspectos como a igualdade no ámbito laboral. 

A actividade indicada para nenas e nenos a partir de 9 anos, con máximo dun adulto acompañante por grupo.
Aforo limitado, con inscrición telefónica previa no 981 75 85 80.
Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade.
Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezado o evento.
 
Ademais se tes na casa nenas ou nenos de entre 13 e 17 anos e queres que forme parte dun grupo de apaixonados pola lectura, este é o seu club de lectura xuvenil! O segundo venres de mes contaremos coa presenza de Anxela Criado, educadora social, ela será a encargada de conducir o club, onde lerán un libro e reuniranse para comentalo co resto de rapazas e rapaces, achegándose a historias apaixonadas. Se queres que participe neste club, inscríbeo chamando ao 981758580. As prazas son limitadas!

XORNADA FORMATIVA "ADOLESCENTES, CONVIVENCIA E ADICIÓNS. CLAVES PARA EDUCAR NA ERA DIXITAL"

"Adolescentes, tecnoloxía, convivencia e adiccións. Claves para educar na era dixital"

DATAXoves, 14 de marzo
HORA: 16:30 h
LUGAR: Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco.

Colabora Antonio Rial Boubeta profesor de Psicoloxía Social na área de Ciencias do Comportamento da USC que dirixiu varios estudos centrados na relación dos menores coa tecnoloxía.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS "UN PASO MÁIS"

A asociación "Un paso máis" é unha agrupación que traballa para promover a inclusión e a convivencia a través do deporte. Neste eido, deseñaron unha serie de actividades de maneira que cada neno e nena sexa atendido/a de forma personalizada, tendo en conta as súas características persoais.

A súa meta é que tódolos nenos e nenas se sintan benvidos e incluídos, independentemente das súas habilidades ou experiencias previas, dentro dun ambiente seguro e acolledor. 

As actividades levaranse a cabo no CEIP Xesús San Luis Romero e teñen un custo mensual de 12 euros. Son as seguintes:

CROSSKIDS (xoves das 17 a 18 h.)
Unha forma de adestramento e entretemento especialmente deseñada para nen@s entre os 3 e os 12 anos para desenvolver todas as súas habilidades como o equilibrio, axilidade, elasticidade, forza e outras cualidades como a resistencia, traballar en equipo e o desenvolvemento social cos seus compañeiros. Adaptado as necesidades individuales de cada nen@.

UN PASO DANCE (martes das 16:30 a 17:30 h.)
Desenvolve o control motor selectivo grazas á realización de movementos lentos e amplos cun propósito: levantar un brazo, mover unha perna, etc. É unha maneira de adestrar o autocontrol, a concentración e a consciencia sobre o propio corpo.




FÚTBOL ADAPTADO (venres das 17 a 18 h.)
O fútbol adaptado é unha modalidade do deporte rei que busca facer accesible este emocionante xogo para persoas con diferentes capacidades.


 

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO IES MONTE NEME PARA O CURSO 2024/25

Desde mañá día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro ábrese o prazo para reservar praza no IES Monte Neme dirixido ao alumnado de 6º de primaria. 

As familias poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (serán entregadas ao alumnado) ou a través da aplicación pinchando neste enlace seguindo a ruta Solicitudes >Reserva >Crear. 

Dita solicitude deberase presentar no noso centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Se non se desexa solicitar praza no IES adscrito, non se deberá cubrir a solicitude. En tal caso, haberá que esperar a cando se inicie o proceso de admisión.

Adxúntanse os modelos de solicitude en galego e castelán, así como un resume das distintas opcións de presentación.

BONO DEPORTE

A Xunta abriu hoxe o prazo para descargar o Bono Deporte de 120 euros dirixido ás familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos que teñan licencia federada ou que participen no Programa Xogade. As solicitudes poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos poderán empregarse ata o 1 de xullo.

Cada beneficiario disporá como máximo dun bono por cada neno ou nena, que se poderá descontar amosando o código QR no momento do pagamento nos establecementos comerciais e entidades deportivas ou prestadoras de servizos adheridos á iniciativa, que estarán identificados ademais cun distintivo da campaña.

Trátase dun sistema que funciona a través dunha aplicación móbil, de maneira co importe de 120 euros de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido e irase consumindo en función do valor da compra.

Pincha neste enlace para máis información:

https://www.bonodeporte.gal/gl/client

UN PASO MÁIS

A asociación "Un Paso Máis" ten o pracer de convidarvos a súa xornada navideña de portas abertas, que se celebará o domingo 17 de decembro de 10:00 h a 13:00 h. Nela presentarán á nova xunta directiva e explicarán o seu proxecto para o próximo ano. Tamén contarán coa asistencia de Papá Noel, que recibirá aos nenos e nenas. Ademais, terán un espazo para aqueles e aquelas que queiran elaborar e entregar a súa carta.

CAMPAMENTO DE NADAL DE ESCOLAS BALONMÁN XIRIA

Volve o Campamento de Nadal de Escolas de Balonmán Xiria xunto coa colaboración de Greenalia para que os/as peques desfruten das vacacións de Nadal facendo novas amizades e desfrutando do deporte e os obradoiros que temos preparados. Con actividades adaptadas a cada franxa de idade, transmitimos a idea dun ocio activo e saudable que favoreza, á vez, a conciliación familiar.
 
O campamento terá lugar nas instalacións do CEIP Fogar do 26 de decembro ao 5 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas. Está estinado a nenas e nenos nadas entre  2011 e 2019.
Máis info na web www.balonmanxiria.com/campamentodenadal ou por teléfono ou what´s app no 609 56 09 55. Infórmate xa!"

FORMACIÓN SOBRE TECNOLOXÍA, SAÚDE E CONVIVENCIA

O día 12 de decembro de 2023 na Sala Multiusos do IES Isidro Parga Pondal (Carballo), en horario de 18:00 a 20:00h, terá lugar unha formación sobre a loita contra as adiccións sen substancia, é dicir, sobre o uso das novas tecnoloxías no ámbito das relacións das que soe facer uso o alumnado.

A ponencia realizarase a cargo do profesor Antonio Rial Boubeta (Universidade de Santiago) que exporá datos reveladores sobre o tema, ademais de convidarnos a reflexionar como comunidade, proporcionando pautas realmente útiles para o día a día.

Pinchando aquí atoparedes algunha entrevista de Antonio Rial na Voz de Galicia. Así mesmo, adxúntanse enlaces coa información sobre a ponencia e algúns vídeos.

https://www.youtube.com/watch?v=9cnyVKFVS2Q

https://www.lasexta.com/series/exjefe-twitter-personas-que-conozco-sector-tecnologico-dejan-sus-hijos-ningun-tiempo-delante-pantallas_2023073064c6c540f786880001723569.html

https://www.lasexta.com/series/director-estudio-unicef-impacto-tecnologia-adolescencia-hay-sexualizacion-prematura-infancia_2023073064c6d5e61f1191000115d65c.html

https://www.lasexta.com/series/director-colegio-explica-truco-jovenes-que-les-quiten-movil-clase-genera-conflicto-constante_2023073164c7249cf78688000172d2bc.html

https://www.lasexta.com/series/carmela-moral-save-the-children-educacion-afectivosexual-gran-arma-prevenir-abuso-sexual-infantil_2023073164c75ce01f1191000116ac77.html

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA COAS ESCOLAS BALONMÁN XIRIA

As Escolas Balonmán Xiria van ser as encargadas de levar a cabo a excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria fóra do período lectivo.

No arquivo adxunto poderedes acceder a toda a información relativa entre a que se encontran as diferentes propostas sobre os lugares que poden visitar e as actividades a desenvolver en cada lugar, as normas, o emprego de dispositivos electrónicos, o custo, etc.

Botádelle unha ollada ás condicións xa que as familias interesadas estades convidadas a unha reunión cun representante do Xiria o vindeiro luns día 11 de decembro ás 16:00 h no ximnasio do centro. 

 

FORMACIÓN PRESENCIAL "CEREBRO E PANTALLAS"

"Cerebro e pantallas" é unha webinar na que se expoñen as consecuencias cognitivas do uso das pantallas nos primeiros anos de vida. Arredor deste tema tan interesante haberá unha xornada de formación presencial no vindeiro mércores 15 de novembro nas instalacións do Pazo da Cultura en Carballo, ás 19:00 h. 

A formación está dirixida a docentes e familias e a ponente será María Couso, licenciada en pedagoxía e cunha traxectoria contrastada no ámbito da neuroeducación.

ANIMÁDEVOS!!

Pinchade AQUÍ  para acceder a súa web

Distribuir contido