ACTIVIDADES DEPORTIVAS "UN PASO MÁIS"

A asociación "Un paso máis" é unha agrupación que traballa para promover a inclusión e a convivencia a través do deporte. Neste eido, deseñaron unha serie de actividades de maneira que cada neno e nena sexa atendido/a de forma personalizada, tendo en conta as súas características persoais.

A súa meta é que tódolos nenos e nenas se sintan benvidos e incluídos, independentemente das súas habilidades ou experiencias previas, dentro dun ambiente seguro e acolledor. 

As actividades levaranse a cabo no CEIP Xesús San Luis Romero e teñen un custo mensual de 12 euros. Son as seguintes:

CROSSKIDS (xoves das 17 a 18 h.)
Unha forma de adestramento e entretemento especialmente deseñada para nen@s entre os 3 e os 12 anos para desenvolver todas as súas habilidades como o equilibrio, axilidade, elasticidade, forza e outras cualidades como a resistencia, traballar en equipo e o desenvolvemento social cos seus compañeiros. Adaptado as necesidades individuales de cada nen@.

UN PASO DANCE (martes das 16:30 a 17:30 h.)
Desenvolve o control motor selectivo grazas á realización de movementos lentos e amplos cun propósito: levantar un brazo, mover unha perna, etc. É unha maneira de adestrar o autocontrol, a concentración e a consciencia sobre o propio corpo.




FÚTBOL ADAPTADO (venres das 17 a 18 h.)
O fútbol adaptado é unha modalidade do deporte rei que busca facer accesible este emocionante xogo para persoas con diferentes capacidades.