CPINNOVA

OBRADOIROS DE LIBRE CIRCULACIÓN

O vindeiro martes día 19 organizamos uns Obradoiros de Libre Circulación no centro dirixidos ao alumnado de infantil e de primaria.

Que entendemos por Obradoiros de Libre Circulación?

No contexto de Libre Circulación o profesorado non impón ideas, senón que elabora propostas que supoñen un reto para o alumnado que lles permiten desenvolver tanto habilidades como coñecementos. 

A libre circulación conta con diversas vantaxes:

  • Ofrécelle ao alumnado a oportunidade de estar en diferentes espazos.
  • Desenvolve a autonomía do alumno/a xa que lle permite traballar a toma de decisións.
  • Aumenta o interese e a motivación.
  • Permite o desprazamento do alumnado libremente dun espazo a outro, contando co apoio do profesorado.
  • Respecta os diferentes ritmos o que conleva a finalización da tarefa por parte de tod@s.

A CAIXA DE CARTÓN COMO ELEMENTO DE XOGO

A caixa de cartón é un material moi versátil que se pode transformar moi facilmente, recortándoo, pintándoo ou complementándoo con outros materiais ou xoguetes.

 

Aos máis pequen@s gustaralles moito esconderse e reaparecer e usarán a caixa coma elemento de psicomotricidade, entrando fisicamente dentro dela.

 

Os máis maiores usarana coma xogo simbólico, transformándoa nun barco, nun avión, nunha casa, nun coche... En tódalas idades é posible incorporar á caixa de elementos e materiais artísticos, como teas ou pinturas. As posibilidades son infinitas.

AMOSÁMOSVOS O NOSO HORTO

Hai que ver como cuidamos a nosa hortiña e o satisfeit@s que estamos de ver como os produtos que cultivamos medran e medran. 

A MAXIA DA LUZ

Fixádevos que obras de arte tan maravillosas se poden crear co retroproxector! Este aparello ten moitísimas aplicacións e resulta moi inspirador.

SAÍDA AO MELGA

O pasado venres o alumnado de 3º e 4º nivel de educación primaria visitou o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) da man de Ricardo Pérez y Verdes, home polifacético onde os haxa, antigo seleccionador de voleibol, mestre do INEF e apaixoado do estudo da evolución histórica do xogo e do deporte a través dos tempos e das civilizacións antigas.

 

XOGOS POPULARES

Vivan os recreos activos!

Hai que ver como disfrutou o alumnado de 1º e 2º nivel de primaria cun obradoiro de xogos tradicionais.

Participaron en:

  • Carreiras de sacos

  • Pelexas de chapas: onde tiñan que intentar sacar do círculo as chapas dos compañeiros/as.

  • Encestar pelotas nunha tina.

 

  • Catro en liña, tres en raia...

 

PATIOS DINÁMICOS

O noso centro vén de propoñer unhas novas dinámicas para o tempo de lecer. Como non tod@s somos iguais nin a tod@s nos gustan os mesmos xogos, deseñamos actividades lúdicas que fomentan a cohesión de grupo, a cooperación e a creatividade. 

Partimos da metodoloxía visual para chegar tamén a tod@s aquel@s que len por imaxes.

 

 

METODOLOXÍAS ACTIVAS EN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Ao longo de todo este curso na aula de 1º de educación primaria estableceuse un horario para aprender a través do xogo. Isto permitiunos aprender, adquirir e repasar contidos das materias de matemáticas así como das linguas de xeito lúdico.

A implementación deste tipo de metodoloxías activas de aprendizaxe conseguiu aumentar a motivación e a participación do alumnado creando ambientes máis dinámicos de aprendizaxe onde os alumnos e as alumnas forman parte activa da súa aprendizaxe; ademais favorece, ao mesmo tempo, a convivencia, o respecto aos demais e mellora o grao de compañeirismo.

A través dos xogos de mesa e xogos diversos traballouse a competencia matemática e lingüística aprendendo e repasando contidos como son:

- O abecedario: Bingo de letras, ABC Magia, ruleta.

- Os números do 0 ao 99: Bingo

- As sumas, restas e cálculo mental: xogos de cartas, UNO, Math DICE JR., Dodble número.

- A conciencia metafonolóxica e a aprendizaxe lectoescritora: Carreira de letras, Bananagrams, Ordleg word play, ABC Magia, Palabras Enlazadas, Mi primer juego de Palabras, Intelecto vertical coloca 4.

- Pictureke e Guess What!: A través destes dous xogos reforzouse a aprendizaxe lectoescritora. O xogo consistía en que un/unha alumno/a imita ou mima unha palabra. A continuación, ponse en marcha un cronómetro (45 segundos) e os demais deben escribir a palabra nun encerado tipo vileda. Ao rematar o tempo o/a alumno/a que imitou a palabra ten que pasar polas mesas para ler as palabras escritas polos/as compañeiros/as e verificar se acertaron e corrixíndoo se fose necesario.

A continuación deixámosvos un vídeo para que poidades ver todas estas actividades que levamos a cabo.

 

APRENDEMOS A XOGAR

O alumando de 4º e 5º de Ed. Infantil explícanos como se xoga a algúns dos seus xogos favoritos.

Enzo (4º EI) cóntanos como xogar a SPACIO (de Djeco). Un xogo moi bo para traballar a atención e a orientación espacial de maneira individual.

David (4º EI) explica como se xoga a CRAZY SKEWERS. Un xogo para traballar tamé a orientación espacial, a atención, xunto coas cores, formas e tamaños.

 

 

 

Os nenos e nenas da aula de Elmer (5º de Infantil) tamén nos explican como xogar:

Xogo de Lina a Xoaniña, no que trala lectura do conto, os nenos e nenas traballarán as cores, motricidade, e todo tipo de valores.

UBONGO Junior,  xogo de axilidad visual e lóxica.

MONOS LOCOS, no que traballamos as cores, a atención, os turnos de espera e estratexia.

 

 

ELIXIMOS O NOSO XOGO FAVORITO

O alumnado de 6º de infantil xa xogou coa primeira remesa de xogos adquiridos dentro do noso proxecto de EduInnova, e decidiron facer unha votación para ver cal foi o que máis éxito tivo.

De esta maneira, unha vez máis, traballamos a competencia matemática a través do conteo de votos, comparación de medidas, etc... e a competencia lingüística expresando as nosas opinións acerca dos nosos gustos.

Os xogos eran os seguintes:

Bichos de Habba

Monster Match

Hally Gally

Ubongo

Catch It

Mi primer juego de letras

Os favoritos dos nenos foron Monster Match e Ubongo.

 

Xogos de mesa en 2º de primaria

O alumnado de 2º de primaria estreouse no mundo dos xogos de mesa. Esta vez tocou traballar a competencia matemática e a lingüística, repasando conceptos como a descomposición numérica, cantidades, vocabulario, formación de palabras....e tamén todos os valores que nos aportan os xogos. Aquí vos deixamos algunha foto e os nomes dos xogos:

RALLYE (de Djeco) : para taraballar o razoamento lóxico e o cálculo.

 

MATH DICE JR. para traballar o cálculo mental.

 

CARREIRA DE LETRAS (LÚDILO): vocabulario

 

ABC, MAGIA! (HABA): Letras do abecedario

 

 

BANANAGRAMS (Lúdilo): Formación de palabras.

 

 

O alumnado de infantil e os xogos de mesa

O alumnado de Educación Infantil iníciase nas aprendizaxes a través dos xogos de mesa, participando así no CPInnova que está a desenvolver o noso centro.


A través dos xogos de mesa adquiren contidos matemáticos, lingüísticos e tamén todo tipo de valores e aprendizaxes como respeto aos demais, normas de convivencia,etc. Tamén facilitan o desenvolvemento de capacidades motoras, mentais e sensoriais: a concentración, a memoria, a imaxinación...

Proxecto Edu Innova

Ao longo deste curso estamos a participar, dentro dos Contratos Programa, na modalidade EduInnova (ou CPInnova). Este proxecto consiste en traballar as competencias do currículo, concretamente a matemática e a lingüística a través de metodoloxías activas. O noso centro decidiu participar levando a cabo Aprendizaxes Basados no Xogo (ABJ), polo que coa dotación económica do proxecto, adquirimos diferentes xogos de mesa tanto para educación infantil como para educación primaria.

Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns dos xogos adquiridos!

XOGOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

XOGOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Ao alumnado encántalle esta iniciativa, xa que dunha forma lúdica, están repasando e aprendendo conceptos da materia de matemáticas ou das de lingua, disfrutando e ao mesmo tempo adquirindo todo tipo de coñecementos e valores.

Vos recomendamos adquirir xogos deste tipo para o voso tempo libre na casa!! 

Distribuir contido