Inicio de Sesión

Complementarias

Convivencia final de curso 2018

O pasado luns 18 de xuño, realizamos, todo o alumnado do centro, unha xornada de convivencia.

Pola mañá, visitamos a Granxa do Canelo en Miño, onde ademais de visitar a granxa os nenos tiveron a oportunidade de realizar diferentes xogos e degustar batidos e xeados de diferentes sabores.

Posteriormente nas instalacións do centro, realizamos unha comida de convivencia todos xuntos e rematamos a xornada cunha sesión de xogos.

Tedes as fotos na galería de fotos:

FOTOS

Despedímosnos cunha pequena presentación da xornada.

 

GRADUACIÓNS 2018

Este ano como en anos anteriores, celebramos a graduación do alumnado de 6º de educación infantil e 6º de educación primaria.

O acto estivo presentado polo alumnado de 5º e tivemos diferentes actuacións tanto dos nenos de infantil como dos de primaria. O alumnado de 4º de primaria quiso despedir aos compañeiros de 6º cun baile.

Foi un acto moi emotivo, con entrega de agasallos por parte dos alumnos e de orlas por parte dos mestres titores.

Dende aquí queremos desexar moita sorte a todos, sobretodo ao alumnado de 6º, na súa nova etapa no IES.

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías.

FOTOS

VÍDEOS.

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.

FELIZ VERÁN.

 

Graduacións 2017

O pasado 16 de xuño, celebramos as GRADUACIÓNS  dos alumnos de 6º de Infantil e 6º de Primaria.

En primeiro lugar o alumnado de infantil cantou a canción "Paco Papan".

A continuación todos os graduados, infantil e primaria, cantaron, en playback, aos seús pais/nais, a súa canción preferida.

O alumnado de 6º de primaria, en agradecemento as mestras e mestres que lle deron clase, ao longo de toda a súa etapa educativa, pronunciaron un pequeno pero emotivo discurso.

Posteriormente procedeuse a entrega de diplomas e orlas do alumnado de infantil.

A titora de 6º de primaria adicou unhas verbas aos graduados, para pasar a facer a entgrega de orlas e diplomas.

O alumnado de 6º interpretou co, piano e frauta a canción do "Hinmo da Alegría"

Unha nai de 6º de primaria, en representación de todos os pais/nais, pronunciou un discurso de agradecemento ao centro educativo.

Rematamos coa entrega de agasallos e a canción " A vindeira estación".

Coma sempre tedes as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías, tamén podedes acceder dende os seguintes enlaces.  FOTOS     VÍDEOS.

DESEXÁMOSVOS MOITA SORTE NA VOSA NOVA ETAPA.

 

Apadriña un lector

O pasado 27 de abril, realizamos no centro unha nova xornada de "Apadriñamiento lector".

Comezamos entregando os diplomas aos mellores lectores e lectoras dos diferentes cursos, a continuación cada neno/a de 4º, 5º e 6º, facendo de "padriños lectores", compartiron as lecturas elixidas cos seus afillados.

Tedes as fotos e vídeos nas súas respectivas galerías:    FOTOS       VÍDEOS

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

 

Día da Muller - 8 de marzo

Co gallo da celebración do Día da muller traballadora (8 de marzo), o Equipo de Dinamización da Língua Galega decidiu invitar a mulleres relacionadas con profesións vinculadas ao Proxecto de Centro que este curso estamos desenvolvendo:  "Vida saúdable".

Para comezar pensamos en alguén vínculada ao mundo do deporte. 

O 31 de marzo contamos cunha muller que non só destacou facendo do deporte o eixe da súa vida se non que é unha muller loitadora pola igualdade, no fútbol profesional, entre homes e mulleres, "Marisa Villa".

Para máis información podedes consultar o blog de galego.

Tedes a vosa disposición as fotos e videos da xornada:   FOTOS      VÍDEOS

 

 

25 N. Día internacional contra a violencia cara a muller

O pasado 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara a muller. o alumnado de 5º de primaria representou unha adaptación da obra de Fina Casalderrey "Xela volveuse vampira". A adaptación da obra foi realizada pola mestra e o alumnado de sexto de primaria.

Tedes as fotos e vídeos da xornada nas respectivas galerías:  FOTOS     VÍDEOS

 

La escuela de la milla

Los alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria del C.E.I.P. Plurilingüe de Andrade, participamos este curso en el programa "Las escuelas de la milla". Se trata de un programa que pretende ayudar a reducir un grave problema de nuestra sociedad, "la obesidad infantil".

Para conseguir este obejtivo los alumnos tendrán que correr una milla diaria durante al menos los 5 meses que dura el programa. Para ayudar a conseguir este objetivo lo haremos de forma progresiva, siguiendo el siguiente calendario:

  • En el mes de octubre los alumnos correrán un día a la semana, al principio de una de las clases de educación física.
  • En el mes de noviembre lo haremos 2 días a la semana, al comenzar las clases de educación física.
  • En el mes de diciembre, con la colaboración de los tutores correrán 3 días a la semana.
  • En el mes de enero lo harán 4 días a la semana.
  • En el mes de febrero correrán los 5 días lectivos de la semana.

Con esta inciativa, enmarcada en el PDI del centro "Alimentación saludable", pretendemos conseguir una importante mejora en los hábitos saludables de nuestro alumnado.

Si quereis más información podeis visitar la página del programa: Las escuelas de la milla

FIN DE CURSO. GRADUACIÓNS 2016

O pasado 22 de xuño, celebramos o festival de fin de curso.

Coma sempre o alumnado de seto de infantil e o de ssexto de primaria, celebrou a súa graduación. Unha xornada moi emotiva, sobretodo para o alumnado de 6º de primaria, que despois de nove anos no noso centro, o deixapara comezar unha nova etapa no IES.

Desexámoslles a todos moita sorte na súa nova andaina.

Ao rematar o festival a ANPA organizou unha xornada de convivencia, con xogos para todo o alumnado, hinchables e unha festa da espuma. Rematamos cunha comida de convivencia, tamén organizada polo ANPA, para toda a comunidade educativa, alumnos, familias e mestres.

FELIZ VERÁN.

Tedes a vosa disposicións as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías:

fotos

vídeos

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

Certeme musical

Este curso, ao igual que en cursos anteriores, rematamos a celebración do día das Letras Gaelgas cun certame musical. Contamos para a realización desta actividade cos profesores da escola musical "Xarío", Fran e Isabel.

Na primeira parte do certame o alumnado da escola Xarío,baixo a dirección de Fran e Isabel, interpretou, co piano, guitarra e metalófonos, diferentes pezas musicais.

A continuación o alumnado do centro, baixo a dirección de Isabel Galán, interpretou diferentes poemas musicados de Manuel María.

Como sempre tedes todas as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

FELIZ VERÁN.

 

Muller e Poesía

Adicamos un poema de Manuel María as nosas mulleres de cada día.

Este ano o "día da poesía" irá da man do "día internacional da muller". Nesta ocasión dende a biblioteca "Soños de Andel" elaborouse un díptico para aunar a celebración destes dous días. Cada alumno/a do centro levou un díptico cun poema do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María, autor homenaxeado este ano no día das letras galegas, para ilustrar e adicar a unha muller importante na súa vida.

O venres 18 o alumnado dos diferentes cursos do centro, recitou diferentes poesías, seleccionadas do libro "Os soños na gaiola", citado anteriormente. A súa vez cantamos difersos poemas de Manuel María musicados polo artísta "Suso Vaamonde".

Como sempre tedes a vosa disposición as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías:

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación de fotos da xornada.