Dependencias

Dependencias do Colexio

O edificio consta de dúas plantas, nas que se atopan os seguintes espacios:

1. PLANTA BAIXA

Hai 8 aulas destinadas na actualidade a:

  • 3 cursos de E.I.
  • 4 cursos de Primaria de 1º e 2º de Primraria.
  • 1 destinada a comedor de E.I. 

Atópanse ademais nesta planta, a Biblioteca, a aula de AL, a Sala do Profesorado, a Dirección, Xefatura de Estudos e Secretaría, o Comedor e espazos anexos destinados a Cociña e Despensa, e aseos. O Comedor tamén fai ás veces de Salón de Actos.

Contamos tamén nesta planta baixa coa Conserxería, un Arquivo, unha pequena aula de titoría e taller e servizos para profesores e alumnos.

No patio de entrada, cuberto, atópase o ascensor, e o acceso ao patio de Infantil.

2. PLANTA ALTA

Destinada preferentemente á docencia, consta de 11 aulas nas que se imparten:

  • 8 cursos: 2 de 3º, 2 de 4º, 2 de 5º e 2 de 6º de Primaria
  • 1 aula de Idiomas (Inglés)
  • 1 aula de PT-NEAE
  • 1 Aula de Informática e Multiusos

Atópanse tamén nesta planta: o despacho do Departamento de Orientación, un pequeno local destinado a Almacén, Aseos de nenas e nenos e unha saída de emerxencia.

3. OUTROS ESPACIOS

Nun plano inferior, sen ser soto, ao que se accede por unhas escaleiras interiores e por ascensor, atópase a nova aula de Música e un local destinado para realización de actividades organizadas pola ANPA.

No soto do edificio atópase a sala da caldeira da calefacción e o depósito do gasoil. O depósito de propano para a cociña, atópase nun extremo do recinto exterior.

4. PATIOS E EDIFICIOS ANEXOS

Os patios exteriores están divididos por dúas pistas en planos distintos, así como espacios abertos de recreo.

Un polideportivo cuberto, con vestiarios e servizos que serve para impartir as clases de E.F.

Se queres coñecer o noso centro:

VISÍTANOS

 

Distribuir contido