Admisión do alumnado

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

 

Dende hoxe, 25 de abril, publicaranse no taboleiro do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2024/2025. 

 

Dado que en ningún dos cursos se superou o número de vacantes, TODAS AS SOLICITUDES QUEDAN ADMITIDAS. 

 

O 15 de maio, publicaranse as listaxes definitivas e o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

INSTRUCIÓNS ADMISIÓN CURSO 2024/2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 20 DE MARZO

 SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B ficheiro adxunto), pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia:

    - da folla de inscrición do neno/a.

    - da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

    - da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.

2. Fotocopia dos DNIs

    - do alumno (si o ten)

    - de ambos os dous proxenitores

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2024-2025 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 13/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 21 de outubro de 2022, polo que se desenvolve o decreto 13/2022. 

 inscrición Insua Bermúdez Vilalba curso 24-25

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2024/2025 - RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS

RESERVA PRAZA PARA 1º DA ESO - CURSO 2024/2025

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

Iníciase a fase de reserva de praza nos centros de adscrición, no noso caso o alumnado de 6º de Educación Primaria ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Santiago Basanta Silva.

Para facer efectiva a reserva de praza deberase presentar unha solicitude de forma presencial ou telemática.

  • SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica, accedendo admisión alumnado (click aquí)  utilizando como usuario a Chave 365 ou o Certificado Dixital.      
  • SOLICITUDE PRESENCIAL presentando o Anexo I (documento adxunto )cuberto na Secretaría do centro. 

 

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO I

-A 3ª folla do ANEXO I debe ir asinada preferentemente polos dous proxenitores. No caso de proxenitores separados ou divorciados debe ir asinada por ámbolos dous.

Na 4ª folla do ANEXO I "Comprobación de datos da unidade de convivencia" deberán cubrirse nome e apelidos, NIF e relación de parentesco co alumno/a  (pai, nai e irmáns). Se os fillos son menores de idade autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.

AVISOS

  • Lembren que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. 

 

  • Prazos de Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2023-2024:      

        20 de xuño: data límite para entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2022/2023.

        21 de xuño: data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2023/2024. 

        27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro. 

        28 e 29 de xuño: Periodo de reclamación á adxudicación provisional. 

        30 de xuño: Publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro. 

        Do 3 ao 7 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñan dereito. 

 

  • BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. 

     Poñemos a vosa disposición a convocatorio das becas NEAE para o vindeiro curso 2023/2024: CONVOCATORIA 

                   

                

 

ADMISIÓN ALUMNADO 202382024

ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024

 

Dende hoxe, 25 de abril, publicaranse no taboleiro do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2023/2024. 

 

Dado que en ningún dos dous cursos se superou o número de vacantes, TODAS as solicitudes quedan admitidas.

 

O 15 de maio, publicaranse as listaxes definitivas e o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

CITA PREVIA ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

RÓGASE VIR ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN DA ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO BAIXO CITA PREVIA, CHAMANDO O NÚMERO DO COLEXIO 982828148.

DESTE XEITO, SEMPRE HABERÁ ALGUÉN DO EQUIPO DIRECTIVO PARA ATENDERVOS.

 

MOITAS GRAZAS 

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 20 DE MARZO

 

SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B) podes descargalo aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia:

    - da folla de inscrición do neno/a.

    - da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

    - da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.

2. Fotocopia dos DNIs: 

    - do alumno (si o ten)

    - de ambos os dous proxenitores

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 13/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 21 de outubro de 2022, polo que se desenvolve o decreto 13/2022. 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024 - RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS

RESERVA PRAZA PARA 1º DA ESO - CURSO 2023/2024

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

Iníciase a fase de reserva de praza nos centros de adscrición, no noso caso o alumnado de 6º de Educación Primaria ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Santiago Basanta Silva.

Para facer efectiva a reserva de praza deberase presentar unha solicitude de forma presencial ou telemática.

  • SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica, accedendo a admisionalumnado (clique aquí) utilizando como usuario a Chave 365 ou o Certificado Dixital.      

 

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO I

-A 3ª folla do ANEXO I debe ir asinada preferentemente polos dous proxenitores. No caso de proxenitores separados ou divorciados debe ir asinada por ámbolos dous.

Na 4ª folla do ANEXO I "Comprobación de datos da unidade de convivencia" deberán cubrirse nome e apelidos, NIF e relación de parentesco co alumno/a  (pai, nai e irmáns). Se os fillos son menores de idade autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.

DOCUMENTACIÓN FORMALIZACIÓN MATRÍCULA INFANTIL E PRIMARIA

Distribuir contido