Documentos de centro

PLAN DIXITAL CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ 22-23

Normas de organización e funcionamento (NOFC)

CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ ENFRONTASE AO DESAFÍO DE DISPOÑER DUN ESPAZO CARDIOSAUDABLE CON DESFIBRILADOR

Montaje creado Bloggif

 

No noso centro levamos anos traballado en proxectos a prol da saúde. Estamos convencidos, gracias ao Sr. Lalonde, que a educación en estilos de vida saudables supón unha gran inversión en saúde. Dende hai anos vimos facendo formación EN RCP na área de  EF co alumnado de Infantil e Primaria, o centro dispón dun boneco de ensaio de RCP e o noso alumnado practicou e practicará o derradeiro protocolo RCP básico da AMERICAN HEARTS ASSOCIATION e da EUROPE RESEARCH COUNCIL.

Nesta ocasión coñecemos a posibilidade de que o Centro sexa ESPAZO CARDIOPROTEXIDO ao se dotar dun DESFIBRILADOR SEMIAUTOMÁTICO a través dun programa da FundaciónSalvavidas.org " As pulseriñas salvavidas" . Sen nengunha inversión inicial, vendemos unhas 800 pulseriñas deseñadas por Kukusumuxu en varias cores á cantidade de 3Euros entre parentes, aos avós, tios..., estimando que tódolos nenos do centro, 322, venderan un mínimo de 3 pulseriñas acadariamos o PACK ESTRELA: DESFIBRILADOR + FORMACIÓN 8 PERSOAS + VITRINA + CARTAZ e aínda sobraría para mercar na tenda da fundación material extra.

Un Desfibrilador non é un capricho, debería ser obrigatoria a instalación en tódolos lugares públicos. Ante unha parada Cardiorrespiratoria, responder inmediatamente manexando técnicas de RCP e manexando o desfibrilador por persoal cualificado pode supoñer a diferenza entre sobrevivir ou non.  Está claro que os beneficiados directos son: os rapaces, mestres, persoal do centro e as familias que o visitan a cotío.

O martes,17 de xaneiro de 2017  farase no centro o Acto de entrega das primeiras 400 Pulseriñas e acudirá a prensa escrita a recoller a nova para darlle maior difusión ao evento e promocionar a venda e o éxito da campaña.

Os titores repartirán as pulseriñas a cada alumno/a e cando teñan os cartos daránllos ao titor, o recadado ingresarase periodicamente ata logar o obxectivo de 800. Momento no que se celebrará a chegada do noso DESA a vitrina o cartaz explicativo e a formación para 8 persoas con recoñecemento internacional.

Agardamos unha boa acollida á iniciativa e unha participación activa para lograr acadar este proxecto de saúde no CEIP Antonio Insua Bermúdez.

 

CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ CAMPO A TRAVÉS NOMINADO NA I GALA DEPORTE VILALBA 2016

Documental sobre Xose Manuel Díaz Castro; Letras Galegas 2013-14

PARO BRAZOS CAÍDOS

Este martes, 20 de setembro, a maior parte do profesorado deste centro -25 de 27- levou a cabo un paro de brazos caídos, de 10 a 10,30 horas, en protesta polas últimas decisións da Consellería de Educación. Nese tempo, o alumnado estivo atendido en todo momento, acordándose por parte do profesorado, saír en silencio á pista polideportiva. Ás 10,30 horas, todos volveron subir ás súas respectivas aulas e continuaron coas súas tarefas.










 



Distribuir contido