Actividades |
You Tube censura por Dereitos de Autor a Canción de AC DC, polo que polo momento subímolo ao Drive de Google e a ABALARBOX compartillamos dende aquí. Estudaremos outras formas de compartillalo.
Descargade o Arquivo de 1.7 Gb e abrideo co voso reprodutor multimedia habitual.
|
|||
A nosa ANPA na liña de promoción de divulgación actividades en torno aoHorto Escolar, deseñou unha actividade de Creación dun Hotel de Insectos para optimizar a súas vantaxes no noso horto. A mamá e tamén Bióloga, Amanda, explicou ao alumnado de 5º A e 5º B as vantaxes de atraer insectos próximos a nosa hortiña para crear un ecosistema nos que poidamos optimizar as bondades do insectos no ciclo vital das plantas. Estes alumnos transmitirán despois estes coñecementos aos seus compañeiros. |
|||
A ANPA do CEIP Antonio Insua Bermúdez ven de facer unha compra de numerosas estanterías para instalar en tódalas aulas de Infantil e Primaria. |
|||
|
|||
UBICACIÓN Pabellon Os Castros Estrada General Cangas, 1, 27892 Foz, Lugo https://maps.app.goo.gl/c2qVYF1FvpYEswS4A TRANSPORTE ESCOLAR: transporte gratuíto para tódolos atletas que desexen participar con SAÍDA DIANTE COLE 9:10 am en transporte que ven de Guitiriz, volta ao mesmo cole (volta varía en función da ceremonia de premios para Insua ou para Guitiriz que viaxa con nós). Papás que van no seu coche particular, tentade estar sobre 10:20 no Circuito. INSCRICIÓNS O prazo de inscrición remata o luns 11 de decembro as 14:00 horas. CATEGORÍAS
SISTEMA DE COMPETICIÓN Esta modalidade desenvolverase preferentemente en circuítos de cros (herba ou terra batida), en horario lectivo ou extraescolar. A participación das categorías benxamíns finaliza no Campionato Provincial. As categorías alevíns, infantís e cadetes participarán ademais no Campionato Galego organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte. Cada centro, club ou entidade deportiva poderá participar na primeira fase co número de equipos que desexe en cada categoría, deberán diferenciarse claramente na súa nomenclatura. Para as seguintes fases, as entidades clasificadas poderán formar os equipos seleccionando aos seus atletas.
CLASIFICADOS POR EQUIPOS E INDIVIDUAIS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN FEMININO: 3 Equipos Insua A, Insua B e Insua C BENXAMÍN MASCULINO: 1 Equipo iNSUA A ( 6 atletas) e por individual Alex Rodriguez Lamas, José Guerrero González e Antón Díaz Suárez. ALEVÍN FEMININO: Individuais Malak e Olivia Luque. ALEVÍN MASCULINO: 1 Equipo Insua A e Individual Mohamed Elhamidy INFANTIL FEMININO: 2 Equipos Insua A e Insua B INFANTIL MASCULINO: 1 Equipo Insua A. Individual Iago Pérez Verdes. CADETE MASCULINO: Individual Mikel Vázquez Martínez.
COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS Cada equipo estará formado por seis atletas como máximo e catro como mínimo. Serán seleccionados preferentemente pola orde de chegada na carreira anterior. Exceptuando casos excepcionais que por lesión ou indisposición non puidera participar e a criterio dos mestres así o decidiran os mestres de EF nesta proba Non se poderá completar un equipo con atletas de categorías inferiores. Cada atleta soamente poderá participar na proba de cros coa entidade coa que estea dado de alta na modalidade de cros no programa Xogade.
CLASIFICACIÓNS Estableceranse dúas clasificacións:
Puntuarán as catro mellor clasificadas nas categorías benxamíns, alevíns e infantís e, nas categorías cadetes, as tres mellor clasificadas. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polas 4 (3 en cadetes) mellores clasificacións de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. Os puntos corresponderán co número de orde de entrada en meta. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos, resolverase a favor do equipo que obtivese a mellor clasificación na última participación que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta con 4, ou en cadete 3, atletas non puntuarán como equipo. Os membros de cada equipo en cada unha das fases para as que se clasifiquen non terán que ser necesariamente os mesmos. Na fase provincial poderanse realizar 2 cambios na composición dos equipos no mesmo día da competición, ata media hora antes do inicio da competición, comunicándoo previamente na Secretaría da proba. Para o Campionato Galego (alevín, infantil e cadete) clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así coma os 10 primeiros atletas clasificados individualmente que non estivesen incluídos nos equipos clasificados, sempre e cando entrasen na meta entre os 15 primeiros. En casos excepcionais, ou por interese da selección galega, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá autorizar a participación de atletas a título individual que non participasen no campionato provincial, ou nunha fase comarcal. SEGURO Toda a documentación referente á cobertura do seguro está dispoñible na páxina www.xogade.xunta.gal e https://inscricion-xogade.xunta.gal. Nesta páxina o acceso ao protocolo de actuación e á póliza do seguro é aberto. Lembren que todo o corpo técnico, deportistas e familiares deben coñecer o protocolo de actuación do seguro de accidente deportivo. |
|||||||||||
|
|||
|
|||
A ANPA agradece a colaboración de tódalas persoas participantes neste obradoiro e emplaza a colaborar en nova data o LUNS 6, ás 16:30 h . No Insua Bermúdez sumámonos á iniciativa pedagóxica de traballar un HORTO ESCOLAR. No trimestre pasado unha mamá Bióloga, especializada en Plantas, fixo uns Obradoiros sobre a Compostaxe e as Lombrices dirixidas a toda a comunidade escolar. Neste Trimestre a ANPA, e as familias coordináronse para buscar material e man de obra para comezar a crear ese HORTO ESCOLAR. Deixámosvos unha escolma de imaxes desta tarde onde mamás, papás e alumnado compartiron o nacemento do NOSO HORTO.
|
|||
|
|||
|
|||