PARO BRAZOS CAÍDOS

Este martes, 20 de setembro, a maior parte do profesorado deste centro -25 de 27- levou a cabo un paro de brazos caídos, de 10 a 10,30 horas, en protesta polas últimas decisións da Consellería de Educación. Nese tempo, o alumnado estivo atendido en todo momento, acordándose por parte do profesorado, saír en silencio á pista polideportiva. Ás 10,30 horas, todos volveron subir ás súas respectivas aulas e continuaron coas súas tarefas.