NOVAS 2012

Documental sobre Xose Manuel Díaz Castro; Letras Galegas 2013-14

MINI E MERO

ACTUACIÓN DE MINI E MERO NO NOSO COLEXIO

O pasado venres, día 5 de abril, foi un día moi especial para todos nós. Despois do recreo, os nosos profesores programaron un concerto musical de MINI e MERO, dentro do proxecto educativo dos ANDRADE, incluído nas actividades da Biblioteca do Centro para o presente curso escolar. Nos días previos ao concerto, en cada clase estivemos coñecendo un pouco maís a Mini e Mero. Decubrimos que os seus verdadeiros nomes son Xosé Luis Rivas Cruz -MINI- e Baldomero Iglesias Dobarrio -Mero-. Tamén soubemos que ambos son chairegos: Mini, naceu en Pacios-Baamonde, e Mero é viciño noso, de Vilalba. Os dous son músicos, poetas, mestres e investigadores da cultura e do folklore galegos. Coñecemos que ambos foron hai xa anos dous dos principais compoñentes do grupo FUXAN OS VENTOS na súa época de esplendor. Máis tarde, formaron o grupo A QUENLLA, grupo no que están na actualidade. No mes de abril de 2009 foilles concedido o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical. En setembro de 2011 concedéuselles o X Premio Ramón Piñeiro-Facer País, organizado pola agrupación cultural Val de Láncara.

A medida que se ía acercando o momento da súa actuación, os nervos ían tamén en aumento pero ao mesmo tempo estabamos moi ilusionados en poder escoitar a súa música. E podémosvos dicir que foi unha actuación marabillosa, emocionante e participativa. Oímos dende cancións medievais ata outras máis populares, nas que non nos foi nada difícil poder acompañalos nos seus estribillos. Todos participamos de xeito espontáneo e abofé que non nos saía mal de todo. O peor foi que o tempo pasóusenos moi rápido e ás 14:30, hora da comida, tiveron que rematar a actuación a pesares dos nosas peticións de "outra, outra, outra".

En fin, que o pasamos moi ben con Mini e Mero e coa súa música. Agardamos poder volver a velos no noso Colexio o máis pronto posible. Graciñas por facernos pasar unhas horas tan agradables e máxicas. 

PARA VER A REPORTAXE FOTAGRÁFICA DA ACTUACIÓN DE MINI E MERO, PREME AQUI ou nas imaxes de abaixo: a primeira, O CONCERTO DE MINI E MERO CO ALUMANDO DE INFANTIL, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA;  a segunda, O CONCERTO COS DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.
MINI E MERO COS MÁIS PEQUES 
ÁLBUM DE FOTOS Nº 1: CONCERTO DE MINI E MERO COS MÁIS PEQUES (preme na imaxe)

MINI  E MERO COS DE 4º, 5º E 6º

ÁLBUM DE FOTOS Nº 2: CONCERTO DE MINI E MERO COS MÁIS GRANDES (preme na imaxe)

DÍA DA ÁRBORE 2013

O pasado venres, 22 de marzo, celebramos no noso Colexio o Día da Árbore, plantando varios arbustos e unha bidueira. Alumnos de 5º e 6º de Primaria participamos nas tarefas de plantación que levamos a cabo con moito gusto: Primeiro cavamos na terra para facer os ocos onde irían as plantas, que deben ser dúas veces máis ancho que o cepellón, ou o groso das raíces. A continuación removemos un pouco a terra. Logo sacamos as plantas e máis a bidueira dos testos e introducímolas no furado feito, de xeito que quedasen ao nivel do chan. A continuación, enchimos os ocos con terra e reafirmamos o terreo pisando ben ao redor. Para finalizar a operación, démoslle un bo regado á zona. A partir de agora, teremos que prestarlle a atención necesaria para que medren e vivan o maior tempo posible.

Para ver o álbum de fotos completo, prema AQUÍ

NEVADA

FOTOS DA NEVADA DO 13-03-2013

CONTACONTOS DOS ANDRADE POR MANOLO FERREIRO









IMAXES DA SESIÓN DE CONTACONTOS A CARGO DE MANOLO FERREIRO ORGANIZADA POLA BIBLIOTECA DO COLEXIO ENMARCADAS NO PROXECTO DIDÁCTICO DOS ANDRADE. 

30 DE XANEIRO DE 2013 - DÍA DA PAZ

DESEÑO COMPARTIDO POLOS COLEXIOS CEIP MATO VIZOSO, ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL E CEIP INSUA BERMÚDEZ PARA CONMEMORAR O DÍA ESCOLAR POLA PAZ 2013.

OS ALUMNOS E ALUMNAS NAS RESPECTIVAS AULAS DEBUXARÁN, COLOREARÁN E ENGADIRÁN AS MENSAXES QUE ESTIMEN CONVENIENTE. 

TODOS CON ADRIÁN

 

 O CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ ANIMA A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NESTA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS PARA AXUDAR A ADRIÁN. ÁNIMO!!!!

TAMÉN SE PODERÁN DEPOSITAR TAPÓNS EN ESTABLECEMENTOS DE HOSTELARÍA E OUTROS COMERCIOS DE VILALBA E CONCELLOS PRÓXIMOS. 

FELIZ ANO 2013

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DESÉXAVOS A TOD@S UN MOI FELIZ ANO 2013.


CONCURSO POSTAIS ANPA - NADAL 2012

 PREMIOS CONCURSO DE POSTAIS

Nadal'2012
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS - A.N.P.A.
C
.E.I.P. “A. INSUA  BERMÚDEZ” - VILALBA
 
PREMIO EXTRAORDINARIO
ÉRICA CURRÁS BLANCO, 4ºA

RESTO DE PREMIADOS
 EDUCACIÓN INFANTIL
YERIAM GATO FERNÁNDEZ, INF-4 ANOS
1º CICLO PRIMARIA
ÓSCAR VEIGA GONZÁLEZ, 1ºA
   2º CICLO PRIMARIA
ÉRICA CURRÁS BLANCO, 4ºA
3º CICLO PRIMARIA
RARES MEZDREA, 5ºA 


VISITOUNOS JAVIER GÓMEZ NOYA, SUBCAMPEÓN OLÍMPICO E CAMPEÓN DO MUNDO DE TRIATHLON

Visítanos, Javier Gómez Noya, un supercampión do Triathlon.

Nunha xornada na que a climatoloxía non axudaba nada ao viaxe, o triatleta ferrolano D. Javier Gomez Noya, a quen non se lle soen facer moitas presentacións por ser ben coñecido; no seu palmarés conta entre outras cunha medalla de prata na Olimpiada de Londres 2012 e foi  campión de Europa e Campión do Mundo en varias ocasións.

A sua chegada, con movementos fan incluidos, foi o preludio dunha charla amena na que se lle tratou como a un superhome. acompañado pola súa moza e por Adrián, das escolas de triatlon, conseguiu que puideramos ver ademais do superdeportista a unha persoa humilde, sinxela e traballadora que nos animou a buscar e a traballar polos nosos obxectivos na vida, a levar unha vida sana, facer un bo desaiuno e tomar alimentos saudables. Fixo un breve repaso da sua vida deportiva comezando pola etapa escolar ata a actualidade e ao rematar respondeu ás preguntas que lle fixo o alumnado:

Os alumnos preguntaron sobre o que se sinte ao estar no poium, á súa dieta e alimentación, as calorias consumidas nun dia duro de entrenos, ás horas de entreno, sobre o tema cardiaco que o tivo apartado da competición fai uns anos, sobre os seus competidores e os famosos irmáns británicos de Yorkshire, Jonathan e Alistair Brownlee.

Ao rematar deixounos unha dedicatoria para o alumnado do centro e fixo unha foto de grupo con tódolos asistentes.

Moitas grazas pola visita desinteresada e por ser tan bo exemplo de esforzo e superación na vida e no deporte. Grazas Javi seguiremos as túas andainas e a polo ouro nas olimpiadas de Rio de Janeiro 2016. 

 

 Dedicatoria CEIP INSUA BERMUDEZ Javier Gomez Noya 2012VER CARTAZ

Distribuir contido