Admisión do alumnado

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2022-2023 neste centro presentáronse:

- 12 Solicitudes para 4º de Educación Infantil, habendo 25 prazas vacantes.

- 10 Solicitudes para 1º de Educación Primaria, habendo 25 prazas vacantes.

 

Dado que en ningún dos dous cursos se superou o número de vacantes, TODAS as solicitudes quedan admitidas.

 

As novidades iranse publicando na páxina web e no taboleiro de anuncios do centtro, estade atentos.

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 21 DE MARZO, (OLLO O 1 E 2 O CENTRO ESTARÁ PECHADO POLO QUE SO SE PODERÁN FACER A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA)

 

SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B) podes descargalo aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia:

    - da folla de inscrición do neno/a.

    - da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

    - da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.

2. Fotocopia dos DNIs: 

    - do alumno (si o ten)

    - de ambos os dous proxenitores

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2022-2023 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 12/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado aen centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2021-2022 neste centro presentáronse:

- 16 Solicitudes para 4º de Educación Infantil, habendo 25 prazas vacantes.

- 15 Solicitudes para 1º de Educación Primaria, habendo 25 prazas vacantes.

 

Dado que en ningún dos dous cursos se superou o número de vacantes, TODAS as solicitudes quedan admitidas.

As novidades iranse publicando na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro, estade atentos.

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

 

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

 

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 22 DE MARZO, PRÉGASE PIDAN CITA PREVIA PARA ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN 

 

SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude cumprimentado e asinado debidamente (modelo ED550B) podes descargalo aquípedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia:

    -da folla de inscrición do neno/a.

    -da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

    -da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.

2. Fotocopia dos DNIs: do alumno/a (si o ten), pai e nai (ou titores legais).

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné.

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- A solicitude deberá ser asinada preferentemente polos dous titulares da patria potestade. Será preciso obligatoriamente a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestade lle fose atribuída a un deles exclusivamente).

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que existra máis demanda que oferta d epostos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintesao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o Curso 2021-2022 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro de 2012), que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

ORDE do 18 de decembro de 2020pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/2022 - RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS

RESERVA PRAZA PARA 1º DA ESO - CURSO 2021/2022

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Iníciase a fase de reserva de praza nos centros de adscrición, no noso caso o alumnado de 6º de Educación Primaria ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Santiago Basanta Silva.

Para facer efectiva a reserva de praza deberase presentar unha solicitude de forma presencial ou telemática.

  • SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica, accedendo a admisionalumnado (clique aquí) utilizando como usuario a Chave 365 ou o Certificado Dixital.      

 

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO I

-A 2ª folla do ANEXO I debe ir asinada preferentemente polos dous proxenitores. No caso de proxenitores separados ou divorciados debe ir asinada por ámbolos dous.

Na 3ª folla do ANEXO I "Comprobación de datos da unidade de convivencia" deberán cubrirse nome e apelidos, NIF e relación de parentesco co alumno/a  (pai, nai e irmáns). Se os fillos son menores de idade autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.

             

NORMATIVA

- ORDE do 18 de decembro de 2020

- ORDE do 25 de xaneiro de 2017

- ORDE do 12 de marzo de 2013

- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro

 

 

 

Listas definitivas de admisión para 1º de Educación Primaria

Unha vez rematado o prazo de reclamacións e habéndose presentado alegacións dentro do mesmo, reuniuse o Consello Escolar para examinar de novo a documentación, producíndose unha nova baremación quedando as novas listas definitivas publicadas no taboleiro do colexio.

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2020-2021

 

RELACIÓN PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021

 

 Reunido o Consello Escolar deste centro para decidir sobre a Admisión do Alumnado que presentou solicitude neste colexio para o curso Escolar 2020/2021 e unha vez revisadas as  mesmas e comprobado, no seu caso, o baremo correspondente, acordou aprobar e publicar a relación provisional que está exposta no taboleiro de novas dentro do recinto escolar. (Pola Lei de Protección de Datos non podemos publicar os listados na web do centro)

 

CONTRA ESTA RESOLUCIÓN PROVISIONAL PODERASE PRESENTAR RECLAMACIÓN POR ESCRITO NA DIRECCIÓN DO CENTRO NOS PRÓXIMOS 3 DÍAS HÁBILES.

 

 A Dirección

 

NIVEL

VACANTES

OFERTADAS

SOLICITUDES PRESENTADAS

SOLICITUDES ADMITIDAS

SOLICITUDES

NON ADMITIDAS

DECISIÓN SOBRE AS NON ADMITIDAS

 

4º INF

 

 

25

 

21

 

21

 

0

 

 

1º EP

 

 

25

 

38

 

25

 

13

Comisión Escolarización

 

2º EP

 

16

 

1

 

1

 

0

 

 

 

 

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2019-2020

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2020/2021 neste centro presentáronse:

- 21 Solicitudes para 4º de Educación Infantil, habendo 25 prazas vacantes.

- 38 Solicitudes para 1º de Educación Primaria, habendo 25 prazas vacantes.

- 1 Solicitude para 2º de Educación Primaria, habendo 16 prazas vacantes.

 

BAREMO 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2020/2021

Dado que en 1º de Educación Primaria hai máis solicitudes que prazas vacantes lembrámoslles ás familias que teñen ABERTO o prazo de presentación de ALEGACIÓNS (renda 2018, irmáns no centro, familia numerosa, monoparental, discapacidade, criterio de centro...) ata o día 26 de maio, sempre e cando o estimen conveniente e non o fixeran no prazo de admisión.

Posteriormente o Consello Escolar reunirase para publicar unha primeira resolución provisional de solicitantes admitidos e non admitidos, en todo caso, antes do 9 de xuño.

Todas as novidades iranse publicando na páxina web do centro e no taboleiro de anuncios do Centro. 

REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE MATRÍCULA PARA OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO, DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020

 

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE 10H A 13H CONCERTANDO UNHA CITA PREVIA A TRAVÉS DOS TELÉFONOS 982 82 81 48 - 982 82 81 51 OU CO CORREO ELECTRÓNICO ceip.antonio.insua@edu.xunta.es

Aquí tedes toda a información

 

 

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES DE MATRÍCULA PARA OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO, DO 11 AO 18 DE MAIO DO 2020

Segundo a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da Situación de Emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, dende o 11 ao 18 de Maio reanúdease o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para os centros de ensino non universitario.

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE LUNS A VENRES DE 10:00H A 13:00H CONCERTANDO UNHA CITA PREVIA, A TRAVÉS DOS TELÉFONOS 982 82 81 48- 982 82 81 51 OU DO CORREO ELECTRÓNICO: ceip.antonio.insua@edu.xunta.es

Podes cubir a túa solicitude de admisión a través da web ou descargar este impreso e entregalo no centro.

 

NOVOS PRAZOS DO PROCESO

  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios do baremo ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 día hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido ata o 26 de xuño de2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria do 1 ao 10 de xullo de 2020.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o Curso 2020-2021 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 dedecembro de 2012), que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumando en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

 O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ABRANGUE DENDE DO DÍA 1 ATA O DÍA 20 DE MARZO.

IMPRESO PARA SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II FORMULARIO NORMALIZADO ED550B (prema para cubrilo e descargalo)  Tamén se pode recoller na Secretaría do Centro.

Outras opcións para cubrir e/ou presentar o impreso ANEXO II de Solicitude de Admisión:

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR COA SOLICITUDE

  • Informe médico.
  • Fotocopias do DNI do pai e da nai e persoas computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Fotocopia da tarxeta do seguro médico.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • CERTIFICADO DE CONVIVENCIA expedido polo Concello e que acredite o domicilio DE TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR.
  • Tres fotografías tamaño carné.
  • Convenio regulardor ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do ANEXO II.
SOLICITUDE deberá ser asinada por calquera dos titulares da patria potestade. Será preciso, non obstante, a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potesytade lle fose atribuída a un deles, exclusivamente).
 
NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

CRITERIOS DE VALORACIÓN PARA A BAREMACIÓN NO CASO DE EXISTIR MÁIS SOLICITUDES DE MATRÍCULA QUE PRAZAS

 SORTEO DA LETRA PARA POSIBLES DESEMPATES

 

IMPORTANTE

  • Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro que se solicita en praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumando que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

Calendario do proceso de admisión para o curso 2020/21

Reserva de praza

Do 1 ao 17 de febreiro

Listaxe asignación prazas centros adscritos

O 28 de febreiro como data límite

Publicación de vacantes

O 1 de marzo

Presentación de solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de marzo*

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril 

Publicación de listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula

Do 20 ao 30 de 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

Publicamos a continuación a relación de postos escolares ofertados segundo a normativa vixente ao respecto.

PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2020/2021

NIVEL EDUCATIVO

PRAZAS

ALUMNADO NO CURSO ACTUAL

VACANTES PARA 2020-2021

4º ED. INFANTIL

25

0

25*

5º ED. INFANTIL

25

25

0

6º ED. INFANTIL

25

25

0

1º ED. PRIMARIA

50

25

25*

2º ED. PRIMARIA

50

34

16

3º ED. PRIMARIA

50

44

6

4º ED. PRIMARIA

50

49

1

5º ED. PRIMARIA

50

45

5

6º ED. PRIMARIA

50

49

1

* Segundo a normativa vixente, nos niveis de 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria hai que reservar 3 prazas por aula para alumnado de NEAE.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido