Excursión de 1º e 2º a Apípolis

Onte o alumnado de 1º e 2º foi de excursión de fin de curso a Apípolis

Os Maios

Deixamosvos un video coas coplas en honor aos maios cantadas polos alumnos e alumnas de 6ºA e os traballos dos nenos e nenas de 5 anos.

Obradoiro Primeiros Auxilios: Matilda no cole

O martes o alumnado de E.I. tivo un obradoiro de primeiros auxilios.

As nenas e nenos aprenderon moito e pasaronno moi ben. A valoración da actividade foi positiva porque as responsables da actividade lograron conectar cos mais pequenos, que non sempre é doado.

Vamos a deixarvos imaxes e vídeos deste obradoiro:

3 anos A/B

 

4 anos

 

5 anos A/B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concurso PIMAga

 

Queremos comunicarvos que a proposta presentada pola mestra de EF Susana Godoy Varela: "Xogamos coas matemáticas en Educación Física" recibiu o 3º Premio do I Concurso PIMAga: Que fas ti na túa clase para celebrar o día das matemáticas?

Parabéns a profe Susana e os/as alumnos/as de terceiro de EP

Deixámosvos o vídeo das actividades que se fixeron:

Visita as dependencias da Policía Nacional

Os nenos e nenas de 2º de EP pasaron unha mañá divertida e inolvidable nas dependencias da Policía Nacional, que nos ensinou o seu museo, as dependencias, algún dos seus vehículos e subimos ao heliporto.

Obradoiro Ecopercusión

O xoves 4 de abril  o alumnado de 6º de E.P. participou nun obradoiro de Ecopercusión, onde aprenderon a tocar diferentes ritmos con material reciclado, como cubos de pintura, botes, tubos..

Podedes ver, premendo na imaxe un pequeno vídeo, do ben que o fixeron.

OURENCANTO 2024

O coro do cole participou este fin de semana na sexta edición de Ourencanto.

Nesta edición encontraronse o día 5 de abril no Conservatoiro Profesional de Música e os días 6 e 7 no Auditorio Municipal de Ourense.

Esta edición culminou cun espectacular concerto no Auditorio Municipal baixo a dirección artística do recoñecido director e compositor Josu Elberdin.

Os/as nosos/as neno/as fixeronno moi ben, e queremos felicitalos tanto a eles como a profe Emma (e a profe Nieves por acompañalos/as neste fin de semana) polo traballo e esforzo destes meses.

Felicidades!!

Podedes ver a seguinte noticia de prensa do Ourencato: Escolares da provincia disfrutan cantando

Hoxe asistiron o alumnado de 3º e 4º de EP  ó Auditoria para ver a actuación dos seus compañeiros e compañeiras do coro de A Ponte e de outros coros. Mirade este pequeno vídeo dunha das actuacións.

 

 Tamén podedes ver outra canción picando neste enlace: "Nubeiro, lisca e déixanos en paz"

 

 

Bookface polo Día do Libro

 Co motivo da celebración do Día do Libro, a Bibliopontiña anímavos a que realicedes o voso propio e orixinal BOOKFACE

Sigue as instruccións que aparecen nesta imaxe e manda a tua foto á seguinte dirección de correo: aponte.nenasnenos@gmail.com 

O prazo de presentación é do: 5 ao 19 de abril de 2024

Amimádevos e mandade a vosa foto, pasaredes un rato moi divertido durante o proceso.

Podedes ver exemplos nesta páxina de Pinterest

 

Día Mundial de concienciación sobre o Autismo

 Fomentar o respecto á diversidade nos contextos educativos é fundamental para previr posibles situacións de abuso e acoso escolar ao alumnado con autismo. E tamén para promover unha sociedade na que as persoas autistas poidan gozar das mesmas oportunidades que as demais.

 A campaña deste ano entorno a este dia, "O Autismo preto de ti" pretende visibilizar que as persoas autistas están ao noso lado, máis preto do que pensamos. Tamén non noso colexio, compartindo aula, recreo, comedor…

 No cole os mais pequenos  fixeron a cabo este mural que  esta colgado na porta principal do noso cole.

Distribuir contido