DEGUSTACIÓN DE ORELLAS DE ENTROIDO

Hoxe a AMPA do noso cole invitou a toda a nosa comunidade eucativa a unha degustación de orellas de entroido.

Queremos darlles as GRAZAS por esta invitación, e decirlle que estaban boííííísimasssssss.....

NORABOA AO NOSO EQUIPO DE 6º DE EP

Hoxe as/os alumnas/os de 6º de EP participaron no concurso do Ecopreguntoiro, que se leva a cabo dentro do programa Ecovoz de Radio Voz.

Nesta primeira fase resultaron GAÑADORES, nunha rolda de preguntas que lles permite pasar a seguinte fase.

Dende o Centro queremos darlle a NORABOA, tanto ao equipo como as súas profes.

Entroido: Felos e Madamas de Esgos

Onte martes, estiveron no cole "Os Felos e as Madamas de Esgos". Contaronnos de forma breve como son os seus traxes ( que non son disfraces), e as súas máscaras. E como celebran o entroido e a súa tradición.

Queremos agradecer a AMPA a súa colaboración nestas actividades que fan que o noso alumnado coñeza o entroido máis próximo.

Charla contra o Acoso Escolar

O luns o alumnado de 5º e 6º tivo unha charla sobre o Acoso Escolar enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.

 

Mandados do Meco

O Entroido xa comeza e  con el os Mandados do Meco

 

Menu Maio 2024

Achegamos menu do mes de maio para o 2024

Un saúdo.

Día da Paz 2024

Hoxe celebramos no centro o Día da Paz, como remate final a unha semana na que dende as aulas se levaron a cabo diferentes actividades para traballar este día.

A continuación deixámosvos un vídeo coas actuacións que hoxe tivemos.

Recordade a Paz non se celebra só hoxe, senon que todos os días debemos vivir en Paz.

Entroido: AS PITAS DE EIROÁS

Hoxe no cole recibimos a visita das "PITAS DE EIROÁS".Contaronnos de forma breve a historia do orixe do entroido de Eiroás,  explicáronnos como son  os seus traxes e máscaras.

Regaláronos a cada nivel unha ola de barro para que os nenos/as as pinten e decoren para logo eles lanzalas e celebrar o seu "Domingo Oleiro".

(Grazas a AMPA pola súa colaboración nestas actividades de entroido)

Xogando co Atletismo 4º EP

Hoxe o  alumnado de 4º de EP, participou na actividade de "Xogando co Atletismo" que se enmarca dentro do proxecto XOGADE.

Deixamosvos este enlace para que poidades ver algunhas das imaxes desta xornada.

https://photos.app.goo.gl/59eQbpxBb3Fso6Tu6

Distribuir contido