Menús Comedor

Publicamos o meú xeral para todo o alumnado. Non se nos facilitaron de momento os menús especiais.

Visita a Marcelle 1º e 2º

Comezamos a tempada das excursións de fin de curso!

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitou o zoo de Marcelle; e polas imaxes... Non o pasaron nada mal!

Nas Galerías podedes atopar as fotos.

Celebramos o Día das Letras Galegas

Ao longo desta semana celebramos o día das nosas letras, con diversas actividades nas aulas.

 

Grazas á ANPA poidemos gozar do espectáculo de Peter Punk!

E para rematar a celebración... no podía faltar a actuación do noso Coro!

Visita o teu Súper!

Dentro das actividades que desenvolve o centro ao longo do curso para promover a alimentación saudable, o alumnado de 6º participa na campaña de Vegalsa "Visita o teu súper".

O alumnado de 6º A visitou o luns un súper do barrio. Os responsables das distintas seccións explicáronos as peculiaridades do seu posto de traballo, normas de seguridade, etiquetado...

Para rematar a visita preparáronnos unha mesa con alimentos saudables e un agasallo individual.

Grazas a todo o persoal polo trato recibido!

 

 

Becas alumnado de necesidade específica de apoio educativo

Desde onte 8 de maio e ata o 20 de setembro, pódense solicitar as becas.

Máis información, na páxina web do Ministerio

 

Noraboa!

Fermosa iniciativa da ANPA que coa súa proposta pretende inculcar nos pequenos o amor polo noso e participación nunha das festas máis tradicional da cidade "Os Maios".

Este foi o resultado:

 

 E ademais acadaron o 2º premio dos Maios Infantís! Parabéns a todos!

 

Menús maio

Menús subministrados pola empresa de catering

Visita á Comisaría de Policía

O 26 e 27 deste mes o alumnado de 3º e 4º de primaria visitou a Comisaría da Policia Nacional. E polas súas caras tiveron unha mañá moi divertida.

 

(Nas Galerías estan todas as imaxes)

Visita da Policía Nacional

O alumnado de Educación Infantil viviu o venres unha xornada moi especial; membros do Corpo Nacional de Policía desprazáronse ao centro para ensinarlles os seu labor.

Como se pode ver nas fotos, pasarón unhas horas moi divertida subidos nos coches, nas motos, poñendo os cascos e os chalecos.

Lamentablemente a visita foi máis curta do desexado, xa que tiveron que seguir cumprindo co seu labor policial.

Na galería dispoñedes de todas as imaxes.

 

Programa “Vivir en salud” da Fundación Mapfre

O alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria participou nos talleres da Fundación Mapfre os días 13 e 14 de abril.

Distribuir contido