Menús mes de abril

Menús previstos para o mes de abril

Semana de actividades culturais

Rematamos o trimestre con diversas actividades culturais:

O 23 de marzo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu á representación de “Cíclope” no Auditorio, obra teatral que forma parte do programa de educación financeira que desenvolven  ABANCA  e  Afundación.

 

O 27 de marzo o alumnado de 1º de primaria participou nun encontro con María Canosa, autora dos libros “O día que choveu do revés” e “Unha fábrica de bicos”

O 28 de marzo visitounos Pere Taburuela, autor do libro “Formigas”.

 

O 30 de marzo recibimos a Charo Golmar, que nos presentou o seu libro “Bicos no vento”.

 

 

 

Estas actividades foron posibles grazas ao Equipo de biblioteca e ao profesorado que preparou co seu alumnado diversas actividades para as visitas.

 

 

Deixamos a continuación as palabras que nos dedicou:

Prezados amigos e amigas do CEIP da Ponte, agradecemento infindo polo voso esforzo, polo voso tempo e por un día inolvidable cheo de agarimos, emocións e amabilidade. Parabéns pola expléndida labor que levades a cabo!  Un honor pertenecer a un colectivo de mestres comprometidos cunha Educación pública de calidade que trasmite valores, posibilita enriquecedoras experiencias, facilita espazos de encontro creativo e trasmite  sensibilidade ao seu alumnado.

Moitísimas grazas por todo!!

Tamén nos enviou este poema para o centro:

 

 Moi agradecidos pola súa visita e as súas palabras!

A gran pequena inventora

Contacontos levado a cabo pola compañía TRÉMOLA TEATRO, coa finalidade de concienciar e sensibilizar ao alumnado en materia de igualdade. A actividade, ofertada pola Concellería de Igualdade e dirixida ao alumnado de Educación Infantil, tivo lugar no salón de actos o día 10.

 

Actividades do mes de marzo II

O día 8 o alumnado de 4º participou na actividade Comendo cores.e celebramos o Día Internacional da Muller con diferentes actividades de aula.

 

Os 5º de primaria participou na actividade Xogando co Atletismo en Expourense o xoves día 9.

Actividades de marzo I

Comezamos o mes de marzo cunha chea de actividades.

O día 1 tiveron lugar: Vialín, sobre educación viaria, para 1º de primaria,

 

 

Comendo cores, sobre alimentación saudable, para 6º de primaria

 

e o alumnado de 5º B visitou a Policía Local.

Menu marzo

 

Todos os menus, dietas incluídas

Admisión alumnado 2023

No bloque de Secretaría, Admisión do alumnado 23-24, tedes acceso a toda a documentación.

Desfile de Entroido

Despois de días intensos de preparación e traballo, o venres 17 estivo no barrio "O gran circo do CEIP A Ponte". 

Mimos, forzudos, presentadores, magos, arlequíns e animais desfilaron polas rúas, sendo recibidos polo gran público con moita animación e ledicia.

 

Grazas a todo o alumnado pola participación, ao profesorado pola súa implicación e ao Concello de Ourense pola charanga e por poñer a rúa á nosa disposición! E por suposto, ao gran público do barrio de A Ponte que nos recibiu nas rúas!

 Moitas grazas a José A. Vazquez por compartir connosco a súa gravación!

Visita das máscaras de Entroido

Os días 13, 14 e 16 recibidos a visita de Paquita e Nicanor de Seixalvo, o Boteiro de Viana e a Pantalla de Xinzo.

Os nenos e nenas do centro poideron coñecer de primeira man figuras enxebres do Entroido da provincia. 

 

Grazas á ANPA pola proposta e polas ricas orellas que nos trouxeron o día 16 para todos!

Distribuir contido