Día de xogos populares

Grazas ás mestras de Educación Física, Susana e Adela, o alumnado de 6º viviu unha xornada de xogos populares,

  

 

 

 

 

Son Científica

 

 

(preme na imaxe para ver os vídeos dos experimentos das nosas científicas)

 

E como non podía ser menos, hoxe celebrámolo!

 

Día da Paz 2023

O pasado luns día 30 celebramos o Día da Paz.

Foi un día especial, cheo de alegria e moitas emocións

 

 

 

 

 Grazas a todos pola participación e colaboracións!

Nas galerías atoparedes diversas imaxes da celebración.

 

O rocódromo das emocións

Despois do Nadal, novas propostas:

 

 

Concerto de Nadal

Outro ano que queda atrás, mil momentos que recordar.

Outro ano novo que virá, cheo de soños que desexamos facer realidade.

Ven cantar connosco, que xa chegou o Nadal.

Desexamos que estas notas musicais consigan chegar a todos os corazóns alegres, tristes...

Senón ... que sentido tería o Nadal?

O Nadal é un sentimento de unión, amor, nostalxia, amizade, esperanza...

                                                              (V.M)

 

 

Grazas ao noso coro pola súa entrega, esforzo e compromiso.

Aproveitamos para agradecer a todo o persoal do Centro, ao alumnado, as familias e a ANPA a súa colaboración durante o 2022.

O Equipo directivo deséxavos: Bo Nadal e feliz 2023!

 

BO NADAL

Agora que xa estamos de vacacións, queremos desexarvos a todos os membros da nosa Comunidade Educativa felices festas e que teñades unha boa entrada de ano.

Gozade do mererecido descanso, pasádeo ben coa familia e sobre todo saúde para todos!

Volveremos o 9 de xaneiro.

 

Presentación do libro A mar, amar

O pasado día 5 de decembro alumnos e alumnas do Centro, xunto coas súas mestras participaron na presentación do libro A mar, amar de Xosé Luna.

 

 

 

 

En agradecemento á colaboración do Centro, recibimos esta fermosa nota:

 

 No ficheiro adxunto podedes ver a actuación do Coro do Centro.

 

Campaña de recollida de alimentos e xoguetes

 

Un ano máis colaboramos na campaña de Nadal para recoller xoguetes e alimentos.

Pedimos a vosa colaboración. Na entrada principal do centro hai dúas caixas para que os depositedes.

Distribuir contido