NOVIDADES NA XESTIÓN DE POSITIVOS E CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 (28/03/22)

Tendo en conta que os centros educativos non se consideran ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles son as mesmas que para a poboación xeral.

Por este motivo, son de aplicación as novas instrucións que dende o luns 28 afectan a xestión de contactos estreitos e casos positivos. Premede nos enlaces para acceder ás instrucións:

DÍA DE ROSALÍA 2022

Hoxe,

23 de febreiro de 2022,

celebramos o Día de Rosalía

cun fermosísimo agasallo que nos fixo o noso Coro:

ENTROIDO 2022

 

BAILES DO ENTROIDO

Antes da celebración do Entroido disfrutamos no patio duns bailes propios desta data.

Día da Paz 2022

En conmemoración do Día Escolar da Paz reflexionamos sobre o que podemos facer para colaborar coa boa convivencia no cole e, vendo a curtametraxe "Cadea de favores", cada aula fixemos unha loooonga CADEA DA PAZ na que cada un de nós somos un importantísimo eslabón!

 Abrimos todas as ventás e todos xuntos, á vez, fomos quen, ou o intentamos, de cantarlle ao noso barrio "QUERO PAZ", a fermosa cantiga que acompañamos coa percusión dos vasos que fixemos resoar polas ventás...

 No patio, o noso CORO, cantounos "MEU AMOR ESTOUPA", e estoupamos de amor por elas porque son xeniais!!!

 ... E, como todos os anos, recibimos a visita da POMBA DA PAZ que nos ven lembrar o noso compromiso de TRATARNOS BEN, respectarnos e FACER A PAZ no noso colexio...

Distribuir contido