Día da Paz 2023
O pasado luns día 30 celebramos o Día da Paz.
Foi un día especial, cheo de alegria e moitas emocións
Grazas a todos pola participación e colaboracións!
Nas galerías atoparedes diversas imaxes da celebración.
Concerto de Nadal
Outro ano que queda atrás, mil momentos que recordar.
Outro ano novo que virá, cheo de soños que desexamos facer realidade.
Ven cantar connosco, que xa chegou o Nadal.
Desexamos que estas notas musicais consigan chegar a todos os corazóns alegres, tristes...
Senón ... que sentido tería o Nadal?
O Nadal é un sentimento de unión, amor, nostalxia, amizade, esperanza...
(V.M)
Grazas ao noso coro pola súa entrega, esforzo e compromiso.
Aproveitamos para agradecer a todo o persoal do Centro, ao alumnado, as familias e a ANPA a súa colaboración durante o 2022.
O Equipo directivo deséxavos: Bo Nadal e feliz 2023!
BO NADAL
Agora que xa estamos de vacacións, queremos desexarvos a todos os membros da nosa Comunidade Educativa felices festas e que teñades unha boa entrada de ano.
Gozade do mererecido descanso, pasádeo ben coa familia e sobre todo saúde para todos!
Volveremos o 9 de xaneiro.
Presentación do libro A mar, amar
O pasado día 5 de decembro alumnos e alumnas do Centro, xunto coas súas mestras participaron na presentación do libro A mar, amar de Xosé Luna.
En agradecemento á colaboración do Centro, recibimos esta fermosa nota:
No ficheiro adxunto podedes ver a actuación do Coro do Centro.
Campaña de recollida de alimentos e xoguetes
Un ano máis colaboramos na campaña de Nadal para recoller xoguetes e alimentos.
Pedimos a vosa colaboración. Na entrada principal do centro hai dúas caixas para que os depositedes.
Menú de decembro
Publicamos o menú xeral do mes de decembro, a empresa comunica que aínda non dispón das dietas e que as facilitará o máis axiña posible.
Presentación do libro A MAR, AMAR
O vindeiro luns 5 de decembro celebrarase a presentación do libro A mar, Amar de Xosé Luna no Liceo de Ourense ás 19 horas. A entrada será libre.
O acto será presentado pola nosa compañeira Susana Godoy, tamén participará o alumnado de 5º de Infantil e será a presentación oficial do coro do Centro, dirixido por Emma Fernández.
Un enorme orgullo para a comunidade educativa do CEIP A Ponte.
25 de novembro: Non á violencia contra as mulleres
Ademais do acto de clausura do Proxecto de Igualdade ao longo do día desenvolvéronse diversas actividades para dicir: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »