Presentación do libro A MAR, AMAR

 

O vindeiro luns 5 de decembro celebrarase a presentación do libro A mar, Amar de Xosé Luna no Liceo de Ourense ás 19 horas. A entrada será libre.

O acto será presentado pola nosa compañeira Susana Godoy, tamén participará o alumnado de 5º de Infantil e será a presentación oficial do coro do Centro, dirixido por Emma Fernández.

Un enorme orgullo para a comunidade educativa do CEIP A Ponte.

25 de novembro: Non á violencia contra as mulleres

Ademais do acto de clausura do Proxecto de Igualdade ao longo do día desenvolvéronse diversas actividades para dicir: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

Biblioteca no recreo

 CURSO 2023-2024

Seguimos cos obradoiros no recreo como estamos no Nadal esta é a nosa proposta

 

 

 

Comezamos de novo  cos recreos na biblioteca. Para comezar prouxemos este obradoiro:

 

 

CURSO 2022-2023

Neste mes de novembro comezou a apertura da biblioteca durante o recreo, o alumnado ademais de ler, poderá gozar de diferentes actividades.

Hoxe foi un día de xogos e pintura.

  

 

  

 

 

 

Grazas ao mestres que fan posible esta fermosa iniciativa! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programacións 2022-2023

Programacións para o presente curso.

As programacións dos cursos afectados pola entrada en vigor da LOMLOE están en fase de elaboración.

Magosto 2022

Día de festa e ledicia!

Celebramos o Magosto da mellor maneira con xogos, bolos preñados, bica e castañas.

Grazas a todos a todas as persoas que colaboraron na súa organización: mestres, persoal non docente, alumnado de prácticas e ANPA; ao alumnado de 6º de primaria por axudar a preparar os xogos e recoller. Ao persoal de limpeza por ser comprensivos co exceso de traballo que lle demos.

O noso obxectivo foi gozar dun día de festa en boa harmonía, se o conseguimos, ese é o noso mellor premio.

O Equipo Directivo

Renovación do Consello Escolar 2022

 

 

A Xunta Electoral, constituída o 4 de novembro, aprobou o calendario para a renovación do Consello Escolar. Iremos actualizaremos a información nos documentos adxuntos.

 A Xunta electoral na reunión celebrada o 15 de novembro proclamou candidatos os tres representantes que se presentaron.

 Despois das eleccións celebradas entre o 22 e 24 de novembro completouse a renovación do Consello Escolar. Podedes consultar as persoas elixidas no taboleiro de anuncios do Centro ou descargar o documento adxunto.

Recollida vales para material escolar

A partir de mañá, día 18, os beneficiarios do vale para material escolar poden pasar pola Secretaría do centro para recoller o vale adicional.

Reunións de titoría

O martes 11 de outubro recuperamos as reunións presenciais de titoría de inicio de curso:

  • De 16 a 16:30 h: Asemblea cos pais/nais de infantil, 1º e 2º para a presentación do equipo directivo, do profesorado e das novidades do curso. A continuación, cada titor subirá cos pais dos seus alumnos á súa aula.
  • De 16:30 a 17 h: Asemblea cos pais/nais de 3º, 4º, 5º e 6º. A continuación, cada titor subirá cos pais dos seus alumnos á súa aula.

 

Comedor do mes de setembro

Seguindo as instrucións da Consellería recibidas ata o momento e de acordo coas competencias que lle corresponden ao centro, o comedor recupera as dúas quendas. 

A dirección do centro, contando coa opinión do persoal de atención de comedor e coa opinión da Xunta Directiva da ANPA decidiu:

- Establecer dúas quendas de comedor. Na primeira quenda comerá o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria. Na segunda quenda comerá o alumnado de 3º a 6º de primaria.

- O alumnado da 1ª quenda sairá ás 15 horas e o alumnado da 2ª quenda 15:30 horas.

Aquelas familias que por cuestión de conciliación da vida familiar e laboral precisen cambiar a quenda de comedor ou non poidan recoller aos seus fillos na hora prevista, poderán solicitar o cambio ata o 16 de setembro na secretaría do centro achegando a xustificación pertinente coma todos os anos.

Entendemos que nos primeiros é materialmente imposible realizar os trámites, polo que seremos flexibles na hora de recollida, respectando en todo caso o tempo prudencial que os nenos e nenas precisan para comer.

Cando comecen as actividades da ANPA, as familias que decidan que o seu fillo/a quede ata as 16 horas, deberán comunicalo ao centro telefonicamente; sen necesidade de realizar ningún trámite adicional.

Informamos tamén que ao longo do curso, e mentres a Consellería de Educación e a de Sanidade non nos indiquen o contrario,  seguiremos as instrucións recibidas con respecto a xestión da COVID-19 que podedes atopar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37824

Distribuir contido