Xogando co Atletismo 4º EP

Hoxe o  alumnado de 4º de EP, participou na actividade de "Xogando co Atletismo" que se enmarca dentro do proxecto XOGADE.

Deixamosvos este enlace para que poidades ver algunhas das imaxes desta xornada.

https://photos.app.goo.gl/59eQbpxBb3Fso6Tu6

Charla taller da ONCE

O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, tivo o luns unha charla-taller da ONCE,  de concienciación e sensibilizacion cara as persoas con discapacidade visual ou cegueira.

 

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO ADSCRITO

O luns 15 de xaneiro abrese o prazo de reserva de praza  para o alumnado de 6º de EP que desexe continuar os seus estudios no  IES 12 de Outubro que é o  instituto ao que estamos adscritos.

O prazo de solicitude de reserva é: desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024.

 FORMULARIO RESERVA

INSTRUCCIÓNS XERAIS 2024-25 RESERVA E ADMISIÓN

 Os impresos cubertos polas familas, recolleranse no colexio (CEIP A PONTE), xunto coa documentación pertinente.

 Os/as que decidan enviar aos /as seus/súas fillos/fillas a outro instituto, deberan presentar a solicitude no Centro da súa elección unha vez aberto o prazo xeral (normalmente do 1 ao 20 de marzo).

Un saúdo

CHEGOU O NADAL

Para despedir xa o Nadal queremos por un vídeo do baile que fixo todo o alumnado de primaria no polideportivo o último día de cole antes das vacacións. Moitas gracias por o voso traballo.

 

PARABÉNS LARA

A nosa alumna Lara López Sánchez de 6º A, foi a gañadora do programa "Atrápame se podes"da TVG.

Aquí vos deixamos o enlace ao programa.

Actuación do Coro

O xoves tamén tivemos a sorte de poder disfrutar da actuación do coro do cole.

Fixeronno xenial e queremos felicitar e  darlle as gracias aos integrantes do coro e a profe Emma.

 

Visita dos Reis Magos

O xoves tivemos unha visita moi especial no cole (clica na imaxe para ver máis)

BO NADAL

A Comunidade Educativa do CEIP A PONTE, quere desexarvos, a través das postais do seu alumnado, un Bo Nadal e un Próspero Aninovo.

Recomendacións lectoras 2023

Deixámosvos aquía as recomendacións lectoras deste ano polo tempo de inverno.

Pista de Xeo 5ºA/B

Hoxe foi o turno do alumnado de 5º que disfrutou dun maña diferente na pista de xeo

Distribuir contido