Información

Comedor escolar. Curso 2021/2022

5. LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR: a partir do 1 de setembro pódese consultar no taboleiro do centro ehorario de 10:00 a 13:00.

4. LISTAXE PROVISIONAL DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

3. IMPRESOS:

    SOLICITUDE DE USO PARA O CURSO 2021-2022.

    AUTODECLARACIÓN_ANEXO II.

    CALCULADORA PARA A AUTODECLARACIÓN.

    DECLARACIÓN RESPONSABLE (TRABALLADORAS/ES POR CONTA PROPIA).

2. INSTRUCIÓN 3/2021 [Compendio lexislativo dos servizos educativos complementarios].

1. CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE SOLICITUDE DE PRAZA DO COMEDOR PARA O CURSO 2021-2022.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2021-2022

Libros de texto.

Material 4ºEI (3 anos).

Material 5ºEI (4 anos).

Material 6ºEI (5 anos).

Material 1ºEP.

Material 2ºEP.

Material 3ºEP. Material 1º día.

Material 4ºEP. Material 1º día.

Material 5ºEP.

Material 6ºEP.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/22

Publicación de Listaxes Definitivas: dispoñibles no taboleiro do centro.

Entrega dos vales de axudas e de material: PÓDESE PASAR EN SETEMBRO POLOS VALES NON RECOLLIDOS NO MES DE XULLO

Os libros de texto de préstamo entregaránse ás familias no hall do centro o 6 de setembro, de acordo ao seguinte horario:

-3ºEP: 10:00 h.

-4ºEP: 11:00 h.

-5ºEP: 12:00 h.

-6ºEP: 13:00 h.

O material do alumnado de 1º e 2º pódese achegar ao colexio (no hall) o 7 de setembro, de acordo ao seguinte horario:

-1ºA: 11:30-12:00.

-1ºB: 12:00-12:30.

-2ºA: 12:30-13:00.

-2ºB: 13:00-13:30.

En ambos casos prégase máxima puntualidade e respecto polas medidas hixiénico-sanitarias habituais.

Enlace á información da convocatoria fondo de libros e axudas para libros e material escolar.

Enquisa sobre conciliación en tempos de COVID

Desde o Concello de Narón estase a desenvolver un estudo sobre a conciliación familiar e laboral durante os tempos de pandemia. Solícitanos á comunidade educativa nunha carta a nosa participación nunha enquisa ao efecto. O enlace da enquisa enviarase ás familias desde a aplicación AbalarMóbil.

Mural de Elisa e Marcela

O pasado 17 de marzo o alumnado de 4º participou na iniciativa do Concello "As mulleres pintan moito na historia", axudando na realización dun mural dedicado a Elisa e Marcela. Pódese ver a noticia da iniciativa na web do Concello de Narón.

Fin do primeiro trimestre

Desde o Claustro do CEIP A Solaina queremos agradecerlle a toda a comunidade educativa o esforzo realizado nestes meses e a comprensión polas dificultades que condicionaron este primeiro trimestre. É de destacar a enorme lección que está a darnos a rapazada coa súa capacidade de adaptación ás novas circunstancias e co seu respecto escrupuloso das medidas sanitarias adoptadas.

Por todo isto e moito máis, esperamos que as vacacións nos axuden a todos e a todas ao descanso gañado e á desconexión merecida. E que o 2021 chegue con novos folgos...

FELICES FESTAS

VOLVEMOS EN XANEIRO

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

Un ano máis actívase polas datas do Nadal a Campaña de merca e entrega de xoguetes  2020 para as familias máis desfavorecidas, impulsada polo centro de Recursos Solidarios de Narón, en colaboración co Concello de Narón. Este ano non se depositarán xoguetes no centro, as familias poden participar nesta campaña aportando a súa colaboración nos puntos que se propoñen na información adxunta.

Información da campaña.

Impreso de solicitude.

Información COVID

 

Información estatística a 22/06/2021

 

 CASOS POSITIVOS

Totais ao longo do curso

Activos

Alumnado

24

0

Profesorado

0

0

PND

0

0

Aulas pechadas

4

0

 

 

 

CONFIRMACIÓN CASO POSITIVO COVID-19

O venres 30 de outubro recibimos notificación dun segundo caso de COVID, non relacionado co anteriormente comunicado. O sábado desde o SERGAS confirmáronnos que non debíamos adoptar medidas, xa que a persoa positiva levaba case dúas semanas sen asistir ao colexio. Polo tanto, a información enviada co primeiro caso é válida para este segundo.
Igualmente, ante a confusión xerada estes días, queremos aclarar que hai dous centros educativos co nome A Solaina, o noso (CEIP A Solaina) e mais a Escola Infantil Municipal A Solaina, sita na Rúa Alexandre Bóveda. No noso centro non hai ningunha aula pechada a día de hoxe.
A dirección do CEIP A Solaina

Adiamento das eleccións ao Consello Escolar

En resolución do 30 de setembro de 2020 establecíase o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. No DOG de hoxe, 28 de outubro, anúnciase a resolución do 22 de outubre de 2020 pola que se adían as eleccións debido á situación COVID. Pódese ver a información no enlace.

CONFIRMACIÓN CASO POSITIVO COVID-19

Informamos que no día de hoxe, 28 de outubro de 2020, recibimos a notificación da confirmación dun caso positivo de COVID-19 no noso centro educativo. No arquivo adxunto facilítase a información pertinente.

O equipo directivo.

Distribuir contido