Educación Viaria

Charla- obradoiro sobre reparación de bicis-4º EP

O mércores 21 de outubro os-as alumn@s de 4º curso de primaria participaron nuhna charla-obradoiro sobre o arranxo das principais avarías das bicicletas, impartida por monitores nas instalacións do colexio.Aprenderon as partes da bicicleta e para que serven cada unha así como a arranxa-las avarías máis sinxelas nas bicis que nos trouxeron para reliza-los obradoiros correspondentes.

Esta actividade foi organizada polo equipo de educación viaria do concello de Narón e serve para preparar as vindeiras visitas en bicicleta que faremos dentro do programa "Aprendo pedaleando".

 

APRENDO PEDALEANDO

9ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR .27-5-2016

           O venres 27 de maio se celebrou a  9ª Marcha cilcista escolar  organizada polo equipo de educación viaira do concello de Narón. Este ano participamos preto de 200 persoas entre alumn@s, mestres-as, nais,  pais e familiares do colexio da Solaina.

Na galería de esta web podedes ve-las imaxes da actividade.

Esta actividade serve como remate do curso escolar 2015-16.

Aproveitamos para agradecervos a vosa colaboración ao longo de curso e dexesarvos unhas merecidas e felices vacacións.    

 

 

 

 

1ª semana da mobilidade e seguridade viaria do Concello de Narón.

Dende o concello de Narón vense de organizar a 1ª semana da mobilidade e seguridade viaria do concello de Narón que terá lugar do luns 23 ate o domingo 29 de maio, cunha chea de actividades moi variadas para tódolas idades.

Na páxina principal de esta web podedes ve-lo programa completo das actividades ao longo de esa semana da mobilidade.

Visita ao Pazo da cultura: "2021 unha odisea na Terra"


Os días 20 e 22 de abril os alumn@s de 3º,4º,5º e 6º de primaria foron convidados a ve-la obra de teatro "2021 unha odisea na Terra" no Pazo da cultura de Narón. Esta actividade foi organizada polo equipo de educación viaria do concello e participaron tamén @s mestr@s e @s pais/nais dos alumn@s.

Os alumnos de 3º e 4º foron ata o Pazo en bici para conmemora-lo día mundial da bicicleta e os de 5º e 6º foron a pé, sempre acompañados pola policía local e emerxencias Narón ao longo de todo o percorrido.

Esta obra de teatro foi escrita,dirixida e interpretada polos profesores e alumn@s da escola de teatro do concello de Narón para o público infantil ao que vai dirixida.

Podemos ver algunhas imaxes de esta visita premendo na  imaxe seguinte.

Visita á reciclaxe de pneumáticos na Gándara. 26-2-2016.

O venres 26 de febreiro pasado, os alumn@s e titores de 5º curso de primaria fixeron unha visita ao almacén de reciclaxe de pneumáticos que hai no polígono da Gándara. Foron acompañados polo equipo de educación viaria do concello de Narón que organizaron esta visita. Se dirixon ata alí en autobús, xa que o tempo non era o propicio para facelo en bici como estaba programado.E unha vez nas instalacións, os monitores do taller encargáronse de dar as explicacións oportunas sobre o uso e a reutilización dos pneumáticos xa usados. Despois de un pequeno refrigerio cortesía do taller visitaron as instalacións e visionaron uns audiovisuais sobre a reciclaxe de estos pneumáticos, para voltar de novo ao colexio no autobús.

Podedes ver algunhas imaxes de esta visita de seguido.

PISTA EDUCACIÓN VIARIA INFANTIL.XANEIRO 2016.

Os alumnos-as de educación infantil do colexio participaron nas actividades de educación viaria programadas polo equipo do concello de Narón.

Na pista preparada para tal fin, foron facendo as súas prácticas tanto como peóns como condutores baixo a supervisión dos axentes e do monitor do equipo para prepararse a dar os seus primeiros pasos nas rúas de xeito atónomo.

Tod@s seguiron as indicacións e consellos dos monitores e así conqueriron cadanseu carnet de policía infantil para  "vixiar" tamén aos adultos.

Noraboa  a tod@s e a seguir practicando.

Podedes ver algunhas imaxes de seguido.

 Calendario 3º trimestre. 

MES

DÍA

ACTIVIDADE

CURSO

Abril

Mércores,20

Teatro no Pazo en bici.

3º e 4º

Abril

Venres,22

Teatro no Pazo a pé.

5º e 6º

 Maio

Martes,24   Parque de emerxencias  2º

 Maio

Mércores,25

Parque de emerxencias

1º 

 Maio

 Venres,27

9ª Marcha ciclista escolar 

3º,4º,5º e 6º 

 

 

Abril,  2016.

Calendario 2º trimestre

 

 

Calendario 1º trimestre.

Actualizado 29 /10/2015

 

  •  Charla coloquio educación viaria da DGT da Coruña:1º e 2º EP

  • NADAL 2015

 

  • 2ª MARCHA POLA IGUALDADE DE XÉNERO. CONCELLO DE NARÓN. 25 -11-2015

 

       4º EP 

 

 

 


 

VISITA AO MUÍÑO DE PEDROSO.18-6-2015

O xoves día 18 de xuño os alumnos de 5º fixeron unha visita ao muíño de Pedroso para realizar un itinerario ambiental á beira do río Xuvia.

Acompañados polos profesores e monitores do equipo de educación viaria saímos do colexio ás 9:15 horas andando para colle-lo bús que nos levou ata Sedes, onde baixamos para montar nas bicis e pedalear ate chegar as instalacións da área recreativa de Pedroso.Alí nos repartimos en dous grupos para face-lo itinerario ambiental uns e xogos populares e colectivos os outros, guiados polos monitores da aula da natureza. No relevo entre as actividades aproveitamos para toma-lo almorzo todos xuntos.

Por último, regresamos ata o adro da igrexa de Pedroso en bici e alí nos esperaba o bús para voltar ao colexio sobre as 13 horas.

Tanto o transporte en autobús como as actividades foron subvencionadas polo concello de Narón.

Podedes ver algunhas imaxes na galería da web.

Boas vacacións a todo@s e ata o curso que ven.

8ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR 2015. CONCELLO DE NARÓN.

O venres 8 de maio realizouse a oitava marcha ciclista escolar organizada polo concello de Narón para os alumn@as de 3º,4º,5º e 6º de primaria.

                                                                       Premer na imaxe

Secuencia da marcha.

Agradecendo a colaboración de tod@s,  despedímonos até o curso que ven desexándovos unhas felices e seguras vacacións.

 

 

APRENDO PEDALEANDO: Visita a Emerxencias Narón.19-3-2015

Máis de 100 alumnos-as de 5º e 6º de primaria fixeron unha visita en bicicleta á base de Emerxencias de Narón dentro do programa APRENDO PEDALEANDO preparado polo equipo de educación viaria.

Acompañados polos profesores-as, pais e nais saíron do colexio de A Solaina coas súas bicis para dirixrise pedaleando ata a base de Emerxencias de Narón, sita no polígono do Río do Pozo.Alí nos recibiron os seus compoñentes para explicarnos como funciona este equipo e cales son as súas funcións.Despois pasamos a facer unha actividade práctica de descenso en tirolina nas propias instalacións do grupo.

Para finalizar co almorzo para repoñer forzas e voltar outra vez pedaleando ata o colexio coa satisfacción de coñecer un pouco mellor o traballo de este servizo do concello de Narón.

Podemos ver algunhas imaxes de estas actividades na galería de fotos de esta páxina.                                   

 

Educación Viaria 4 º curso: Charla-obradoiro sobre o uso da bici.

 

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE O USO DA BICICLETA.

 

                                                              

 

O martes 17 de marzo oos alumnos-as de cuarto de primaria tiveron unha charla sobre o uso da bici, seguida de un obradoiro de arranxo das picadas nas rodas da bici.Foron un técnico e un mecánico os que levaron a cabo as explicacións na charla e as demostracións no obradoiro correspondente.

Nas seguintes imaxes podedes ver con atención o interese dos alumnos-as nesta actividade.

Educación Viaria 3 º curso : Pista de prácticas.

 

 

PRÁCTICAS NA PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA.

 

O luns 16 de marzo os alumnos-as de terceiro curso de primaria fixeron prácticas na pista itinerante do concello de Narón. Todos puideron participar tanto como peóns como condutores guiados polos monitores do equipo para lembra-las normas de circulación pilotando os coches a pedais pola pista.

Podedes ver alguhnas imaxes na galería de esta páxina.

                                               pista ed. vial

 

CALENDARIO EDUCACIÓN VIARIA. 2º e 3º TRIMESTRES.

C.E.I.P. A Solaina           Educación viaria.                                              

 

Calendario 2º trimestre.

 

DÍA

MES

ACTIVIDADE

CURSO

16

marzo

Pista Ed. viaria

3º a e b

17

marzo

Charla con obradoiro de bicis.

4º a e  b

19

marzo

Ruta en bici: Emerxencias Narón

5º e 6º

  

Calendario 3º trimestre.

 

DÍA

MES

ACTIVIDADE

CURSO

8

maio

Marcha ciclista escolar

3º,4º,5º e 6º

 

 

 

A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO


Por cuarto ano o colexio da Solaina participa na campaña solidaria "A túa vella bici vale un sorriso" que organiza o equipo de educación viaria do concello de Narón.

Lembrando que se pode participar ata o día 18 de decembro no colexio, e ata o día 4 de xaneiro no concello, agradecemos a vosa colaboración e aproveitamos para  desexarvos unhas felices festas de Nadal e un bo ano 2016.

                                      

MARCHA CICLISTA POLA IGUALDADE. 25-11-2014

O martes 25 de novembro tivo lugar un paseo en bici d@s alumn@s de 5º e 6º cursos de primaria de tódolos colexios de Narón, organizada polo concello e o equipo de edcuación viaria.

Saímos ás 10 horas dende o colexio para reunirnos cos demais e facer un percorrido por distintas rúas de Narón ata chegar sobre ás 11 horas á praza da Gándara. Alí, despois de aparca-las bicis e toma-lo almorzo, comezaron os actos de conmemoración do DÍA DA IGUALDADE DE XÉNERO.

Primeiro tomou a palabra a concelleira de Igualdade para darnos a benvida e agradecer a nosa participación. De seguido, foi o alcalde de Narón o que nos dirixiu unhas palabras para reivindicar a educación en igualdade. Por último, ámbolos dous fixeron unha ofrenda floral diante do monumento á muller situado na mesma praza.

De xeito simultáneo, ten lugar unha exposición dos murais feitos polos alumn@s de 5º e 6º cursos no vestíbulo do Pazo da cultura  e que podedes visitar ata o mércores día 3 de decembro.

Podedes ver algunha imaxe dos actos na galería, premendo na foto que aparece xunto a este texto.

Distribuir contido