Actividades escolares

Actividades escolares

CONTACONTO E CHARLA SOBRE A TRANSEXUALIDADE

Durante toda a semana, o alumnado do centro, asistiu a unha Charla e Contaconto sobre a Transexualidade por parte de Chrysallis (Asociación de Familias de Menores Transexuais).

Esta Asociación promove e difunde os dereitos da infancia e adolescencia trans en tódolos ámbitos (Educativo, sanitario, legal, social e deportivo).  É unha oportunidade para fomentar o respeto e a liberdade. A diversidade enriquece a nosa sociedade, fagamos que os nenos e as nenas crezcan felices.

O conto "Marc, o mono que naceu dun ovo" foi o punto de partida nas sesións. 

Colaboración con Bicos de papel

Este ano, no Día do Libro e a proposta do Equipo dinamizador da biblioteca, decidíuse no centro colaborar coa asociación Bicos de papel (https://bicosdepapel.org/)

Para tal axuda, o alumnado do colexio decorou uns marcapáxinas que logo as familias, de forma voluntaria, mercaron aportando a cantidade que estimaron conveniente.

Dende o centro agradecemos enormemente esta aportación, que foi entregada hoxe mesmo á Presidenta da asociación por parte da dirección do colexio.

Trasmitimos dende aquí o seu agradecemento a todo o alumnado e, por suposto, a todas as familias.

Podedes saber más sobre os marcapáxinas neste enlace: http://orecunchodexoan.blogspot.com.es/2018/04/marcapaxinas-solidarios.html

 

Semana da robótica. Desafío Mbot

Aquí tedes o vídeo resumo da Semana da Robótica: Desafío Mbot no noso centro.

SEMANA DA ROBÓTICA

 

 

Durante este mes de novembro, gozaremos no colexio co empréstito  dun KIT VIAXEIRO, da empresa HISPAROB, con 8 robots MBOT.

Para colaborar nesta iniciativa, organizamos a SEMANA DA ROBÓTICA NO CEIP BALAÍDOS , na que participa o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Creamos un xogo de retos no que os rapaces/zas terán que superar varias probas cos robots e unha vez superadas, obterán os diplomas de PILOTO, PROGRAMADOR/RA OU ENXEÑEIRO/A  según o número de retos superados...

BOA SORTE...  e que a Forza vos acompañe...

5º e 6º PRIMARIA, COMEZAMOS COA ROBÓTICA...

 

Este curso participamos no programa " Iniciación á Robótica en Primaria"  para o desenrolo da metodoloxía CTEM, ( Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas).

O implementamos co robot MBOT nos  cursos de 5º e 6º, para logo espallalo polo resto das aulas, compartindo experiencias e robots.

                                                                                                                                                                                             

ADÍASE A QUEDADA LITERARIA DE CASTRELOS

Como xa informamos nunha circular, a Quedada Literaria prevista para mañá en Castrelos e na que íamos participar 6ºINF, 1º, 3º e 4º PRI con outros coles de Vigo para celebrar o Día das Letras Galegas e animar á lectura, adíase polas malas previsións meteorolóxicas. Se o tempo o permite farémola o MARTES 23, servindo a mesma autorización asinada que xa entregáchedes aos titores/as.

Sentimos as molestias causadas e agradecemos a vosa comprensión.

 

 

 

 

ADÍASE A QUEDADA LITERARIA

Tal e como informamos hoxe nunha circular, a Quedada Literaria prevista para mañá en Castrelos, na que íamos xuntarnos con outros coles de Vigo para celebrar o Día das Letras Galegas e animar á lectura, queda adiada polas malas previsións meteorolóxicas. Se o tempo o permite farémola o MARTES 23.


Sentimos as molestioas causadas e agradecemos a vosa comprensión.


 


 


 

2º de primaria sae no xornal.

O pasado 14 de decembro os nenos de 2º de primaria asistiron a coñecer onde se fai o xornal Faro de Vigo.

Hoxe, día 17 de xaneiro saíu unha foto no xornal.

O equipo Yidam - Ceip Balaídos consegue grandes éxitos deportivos!

O equipo de taekwondo acróbatico que adestra no noso centro e no que participan moitos dos nosos alumnos e alumnas segue colleitando unha grande cantidade de títulos dende fai máis de 10 anos. Fai pouco proclamouse:
-Tricampeon de España de Exhibicion Infantil
- Campeon de España de freeestyle en quinteto -17
-Campeon de España de freestyle parejas +18
-Campeon de España de freestyle por equipos

Dámoslle a nosa noraboa polo premio e polo recoñecemento ao seu esforzo, e grazas por levar o nome do cole por toda España! Podedes coñecer máis sobre eles no seu perfil de facebook ou lendo esta noticia do Faro de Vigo.

Lipdub fin de curso!!

Hoxe os alumnos e alumnas xunto coas mestras e os mestres realizaron un lipdub para celebrar que se achega o fin de curso. Aquí tedes o fantástico resultado.

 

Distribuir contido

Back to top